sábado, 20 de xuño de 2020

POSTAIS.

Aquí vos deixo as postais que vos escriben os vosos compañeiros/as.
BO VERÁN!

Antón

David González

 Gabi

 Uxía

Xián

xoves, 18 de xuño de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 19

Hello! How are you?

Agora sí que chegamos ao final. 
Hoxe déixovos un Pasapalabra para repasar palabras de vocabulario.

PASAPALABRA

Tamén vos deixo esta canción con moito ritmo e que sabe a verán, podédela cantar e bailar:



Para aqueles que queiran seguir practicando inglés durante as vacacións de verán, recoméndovos unha aplicación gratuita que podedes descargar tanto en Apple como en Android, chámase ENGLISH FOR KIDS e basease nun sistema de recompensas, comeza repasando o abecedario pero tamén fai un amplo repaso de vocabulario. Aviso, ten algúns anuncios.

Quero desexarvos que pasedes un bo verán e que teñamos todos moito sentidiño para poder volver en setembro con moitas ganas.´

TAREFAS 1º e 2º VENRES 19 XUÑO.

Boas tardes.
Mañá chegamos ao remate deste curso tan "raro" e toca despedirse. Xa sabedes que en setembro nos voltaremos a ver, asique mentres tanto desfrutade moito do verán que o tedes moi merecido. E non vos esquezades de seguir cumprindo as normas de hixiene para conseguir vencer de todo ao coronavirus. 
A actividade que me gustaría que fixerades mañá venres é unha postal de despedida para os vosos compañeiros (o que non poida imprimila que a faga nun folio). Logo eu poñereinas no blog para que as poidades ler. Déixovos aquí a miña que así tamén vos sirve de modelo.


Pasade unhas boas vacacións: ride, saltade, cantade, xogade, gritade, disfrutade da vosa familia... e sede moi pero que moi felices!!!
Mamás e papás, unha vez máis moitas grazas por toda a labor que levástedes a cabo durante estes meses, grazas pola vosa comprensión e colaboración!!!
Vémonos en setembro!

mércores, 17 de xuño de 2020

MATE 2° XOVES 18

Como última tarefa de mate deste curso tedes que facer a páxina 227.

TAREFAS 1º e 2º XOVES 18 XUÑO.

Boas tardes.
Para mañá xoves pensei que poderiades facer unha actividade moi fácil. Consiste en que pechedes os ollos durante un momento e pensedes tres desexos para o próximo curso. Cando os teñades, abrides os ollos e escribides eses desexos nun papel. Logo dobrades o papel e gardádelo ata o remate do próximo curso, cando o poderedes volver a ler para comprobar se os vosos desexos se cumpriron. Que vos parece a idea? Apetécevos facelo?

martes, 16 de xuño de 2020

TAREFAS 1º e 2º MÉRCORES 17 XUÑO.

Ola, que tal?
O prometido é deuda. Mañá mércores xa non imos a traballar cos libros. É unha pena que non poidamos estar todos xuntos no cole para poder disfrutar desta recta final e facer actividades divertidas, pero como iso non é posible gustaríame que fixerades o seguinte:
Collede un folio e dividídeo á metade. A continuación pensade qué foi o que máis vos gustou deste curso e o que menos vos gustou. Agora debuxade cada cousa nunha metade do folio, coloreade e escribide unha oración en cada debuxo explicándoos.

SUMMER CARDS

Good morning!

Estas son as tarxetas que me fostes enviando:

Esta é a de Damián:



Esta é a de Sarai:


Esta é a de David Rey:



Esta é a de Xián:




Esta é de Ashley:




Esta é a de Eloy