sábado, 20 de xuño de 2020

POSTAIS.

Aquí vos deixo as postais que vos escriben os vosos compañeiros/as.
BO VERÁN!

Antón

David González

 Gabi

 Uxía

Xián

xoves, 18 de xuño de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 19

Hello! How are you?

Agora sí que chegamos ao final. 
Hoxe déixovos un Pasapalabra para repasar palabras de vocabulario.

PASAPALABRA

Tamén vos deixo esta canción con moito ritmo e que sabe a verán, podédela cantar e bailar:



Para aqueles que queiran seguir practicando inglés durante as vacacións de verán, recoméndovos unha aplicación gratuita que podedes descargar tanto en Apple como en Android, chámase ENGLISH FOR KIDS e basease nun sistema de recompensas, comeza repasando o abecedario pero tamén fai un amplo repaso de vocabulario. Aviso, ten algúns anuncios.

Quero desexarvos que pasedes un bo verán e que teñamos todos moito sentidiño para poder volver en setembro con moitas ganas.´

TAREFAS 1º e 2º VENRES 19 XUÑO.

Boas tardes.
Mañá chegamos ao remate deste curso tan "raro" e toca despedirse. Xa sabedes que en setembro nos voltaremos a ver, asique mentres tanto desfrutade moito do verán que o tedes moi merecido. E non vos esquezades de seguir cumprindo as normas de hixiene para conseguir vencer de todo ao coronavirus. 
A actividade que me gustaría que fixerades mañá venres é unha postal de despedida para os vosos compañeiros (o que non poida imprimila que a faga nun folio). Logo eu poñereinas no blog para que as poidades ler. Déixovos aquí a miña que así tamén vos sirve de modelo.


Pasade unhas boas vacacións: ride, saltade, cantade, xogade, gritade, disfrutade da vosa familia... e sede moi pero que moi felices!!!
Mamás e papás, unha vez máis moitas grazas por toda a labor que levástedes a cabo durante estes meses, grazas pola vosa comprensión e colaboración!!!
Vémonos en setembro!

mércores, 17 de xuño de 2020

MATE 2° XOVES 18

Como última tarefa de mate deste curso tedes que facer a páxina 227.

TAREFAS 1º e 2º XOVES 18 XUÑO.

Boas tardes.
Para mañá xoves pensei que poderiades facer unha actividade moi fácil. Consiste en que pechedes os ollos durante un momento e pensedes tres desexos para o próximo curso. Cando os teñades, abrides os ollos e escribides eses desexos nun papel. Logo dobrades o papel e gardádelo ata o remate do próximo curso, cando o poderedes volver a ler para comprobar se os vosos desexos se cumpriron. Que vos parece a idea? Apetécevos facelo?

martes, 16 de xuño de 2020

TAREFAS 1º e 2º MÉRCORES 17 XUÑO.

Ola, que tal?
O prometido é deuda. Mañá mércores xa non imos a traballar cos libros. É unha pena que non poidamos estar todos xuntos no cole para poder disfrutar desta recta final e facer actividades divertidas, pero como iso non é posible gustaríame que fixerades o seguinte:
Collede un folio e dividídeo á metade. A continuación pensade qué foi o que máis vos gustou deste curso e o que menos vos gustou. Agora debuxade cada cousa nunha metade do folio, coloreade e escribide unha oración en cada debuxo explicándoos.

SUMMER CARDS

Good morning!

Estas son as tarxetas que me fostes enviando:

Esta é a de Damián:



Esta é a de Sarai:


Esta é a de David Rey:



Esta é a de Xián:




Esta é de Ashley:




Esta é a de Eloy



luns, 15 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MARTES 16 XUÑO.

Boas tardes.
Como xa vos dixen onte, mañá martes rematamos de traballar cos libros (o que queda sen facer podédelo facer no verán).
Ides a elaborar un cómic nas páxinas 192 e 193 de LENGUA. O exercicio 4 non é obrigatorio facelo.
De MATE tedes que facer a páxina 226.

TAREFAS 1º MARTES 16 XUÑO.

Boas tardes.
Como xa vos dixen, mañá martes vamos a rematar o traballo dos libros (o que queda sen facer podédelo rematar no verán).
Vamos a facer o repaso final de LENGUA das páxinas 228 e 229. 

domingo, 14 de xuño de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º LUNS E MARTES 15 E 16

Good morning!

Estamos a piques de rematar este curso tan atípico para todos.
Hoxe déixovos outro Escape Room, espero que vos guste:

ESCAPE ROOM

Enjoy!

TAREFAS 2º LUNS 15 DE XUÑO.

Boas tardes a todos/as.
Xa chegamos á última semana do curso. Luns e martes traballaremos un pouquiño máis nos libros e o resto da semana faremos outras actividades diferentes. Asique facede un último esforzo que o estades facendo xenial!

Para luns tedes que facer as páxinas 190 e 191 de LINGUA para practicar o uso da coma.
De MATE tedes que facer a páxina 225.

TAREFAS 1º LUNS 15 XUÑO.

Boas tardes a todos/as.
Xa chegamos a última semana do curso. Luns e martes vamos a traballar un pouco máis dos libros e os outros días faremos actividades diferentes. Asique facede un último esforzo que o estades facendo xenial!

Para luns vamos a facer o repaso final de LINGUA que aparece nas páxinas 224 e 225. 

xoves, 11 de xuño de 2020

TAREFAS 2º VENRES 12 XUÑO.

Chegamos ao último día da penúltima semana deste curso e imos a traballar LENGUA. Temos que ler o conto "Un problema doméstico" das páxinas 186 e 187 e facer as actividades da páxina 188. 

Disfrutade moito da fin de semana!

TAREFAS 1º VENRES 12 XUÑO

Xa chegamos ao último día desta semana e temos que ler o conto de LINGUA "A nena que foi á lúa" e despois facer as actividades de comprensión da páxina 214.

Disfrutade moito da fin de semana!

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 12

Hello again!

O conto de hoxe vai sobre un neno que quería tocar o trombón. Espero que vos guste:

Trombone Shorty

See you next week!

mércores, 10 de xuño de 2020

TAREFAS 2º XOVES 11 XUÑO.

Ola, que tal?
O traballo para o xoves é ler o conto "A viaxe secreta" nas páxinas 186 e 187 de LINGUA e facer as actividades de comprensión da páxina 188. 
De MATE tedes que facer a páxina 224.

TAREFAS 1º XOVES 11 XUÑO

Boas tardes.
Mañá xoves vamos a traballar LENGUA. Imos a facer a páxina 210 (br/bl) e a páxina 213 (o predicado).

PORTRAIT CONTEST WINNERS


Hello everybody!

Xa temos os gañadores e gañadoras do concurso de retratos de Plástica! Queremos agradecervos ademáis a vosa participación e interese nesta e en todas as actividades propostas online durante o terceiro trimestre, fixéchedes un gran traballo. 

Para escoller os gañadores, dividimos os traballos en 3 categorías, unha para os cursos de 1º e 2º, outra para os cursos de 3º e 4º e a última para os cursos de 5º e 6º. Os afortunados do Portrait contest son: ASHLEY de 1º, SARAI de 4º e ISMAEL de 5º. 

PARABÉNS!!!

Ashley (1º EP)                Sarai (4ºEP)                Ismael (5ºEP)

  


O premio entregarávolo o voso titor/a cando vaiades ao centro para a recollida/entrega do material escolar, así que non vos esquezades de pedilo!


E por outro lado, queremos felicitar a todos os alumnos/as que participáchedes no concurso porque a verdade é que facer un retrato non é nada doado, pero con esforzo e entusiasmo fixéchedes unhas obras de arte chulísimas! Foi difícil escoller aos gañadores/as entre tanto talento! 

Se queredes ver todos os debuxos dos participantes no concurso podedes visitar o seguinte enlace:

DEBUXOS

        


martes, 9 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 10 XUÑO.

Boas tardes.
O traballo para o mércores é a facer as páxinas 183 de LENGUA e LINGUA para repasar as unidades (as actividades de demostra o teu talento non as hai que facer). E non vos esquezades de ler un pouco.
Ánimo que xa estamos na metade da semana!

TAREFAS 1º MÉRCORES 10 XUÑO

Ola chicos e chicas.
Xa chegamos ao ecuador da semana e imos a facer LENGUA. Temos que ler o conto "Mulán, la joven soldado" das páxinas 206 e 207 e facer as actividades da páxina 208.
Ánimo que xa queda pouco!

ACTIVIDADE DE PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 10

Hello eveyone!

Esta semana vos propoñemos a última actividade de plástica deste curso. Esperamos que vos gustaran as propostas que fixemos ata agora. Neste caso consiste en facer unha postal de verán: a Summer Card. No video que vos preparou Esther tamén se despide de vós esperando repetir no noso cole o vindeiro curso.



SUMMER CARD

Enjoy!

REPASO SOCIAIS 2º

Boas.
Que tal? Como falta pouco para rematar o curso esta semana vamos repasar conceptos que demos o longo do curso. Espero que vos lembredes.
Un saúdo.

FICHA

luns, 8 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MARTES 9 XUÑO.

Boas tardes.
Para mañá martes temos que facer as páxinas 178 e 179 de LENGUA. Aquí traballaremos as palabras rematadas en -z ou en -d. Tede moito coidado porque as palabras que rematan en -z fan o plural en -ces (luz-luces).
                     

TAREFAS 1º MARTES 9 XUÑO.

Boas tardes.
Para martes imos a facer a páxina 209 de LINGUA (o exercicio 3 non hai que facelo). Despois ledes un pouco.

Repaso de sociais 1º

Boas:
Como estades? Xa estamos chegando o final. Por iso, esta semana vamos traballar conceptos que fomos aprendendo o longo do curso. Espero que vos lembredes.
Ánimo.

FICHA

domingo, 7 de xuño de 2020

Actividades de 1º de Matemáticas do 8 ao 12 de xuño

Aquí vos deixo o traballo para esta semana. 

Tema 14


Isto xa o graballamos no primeiro trimestre, polo que pode que non vos lembredes. Fixádevos ben nas imaxes e nomes.
  • Luns: páxina 201.

Principio da multiplicación

Isto tamén é algo novo. A continuación tedes unha explicación da multiplicación para que poidades entender os exercicios que temos para hoxe.



  • Mércores: páxina 206.

Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º LUNS 8

Good morning!

Xa estamos a piques de rematar o curso, ánimo que xa non queda nada. 
A actividade de hoxe consiste en resolver este Escape Room, a ver se o conseguides!

ESCAPE ROOM

E despois de tanto pensar, imos cantar e bailar esta canción tan divertida, espero que vos guste

Welcome to My Gym Song

See you!

TAREFAS 2º LUNS 8 XUÑO.

Boas tardes.
Espero que disfrutárades moito da fin de semana.
Vamos a entrar na recta final deste curso tan atípico e para comezar esta semana imos a traballar LINGUA. Temos que facer as páxinas 180 e 181 onde tedes que etiquetar obxectos dun catálogo (o exercicio 5 non hai que facelo).
De MATE tedes que facer a páxina 223.

TAREFAS 1º LUNS 8 XUÑO

Ola a todos. Que tal de fin de semana?
Vamos a entrar xa na recta final deste curso tan atípico e para comezar a semana imos a traballar LINGUA. Temos que ler a páxina 206 (sen facer as actividades) e facer a páxina 207 para traballar o predicado (que fai?). 
Por exemplo: Xoán come unha mazá.
Preguntamos: Que fai Xoán? Come unha mazá.
                                                                  PREDICADO

xoves, 4 de xuño de 2020

SELF PORTRAIT

Hello! How are you?

Aquí están os primeiros retratos que participarán no concurso.

Animádevos os demáis tamén a participar!









Sarai

ACTIVIDADES INGLÉS 1º e 2º VENRES 5

Hello! How are you?

Hoxe déixovos un conto sobre un peixiño que quere ser guapo.

The Fish that Wanted to Be Beautiful

Enjoy!

TAREFAS 2º VENRES 5 XUÑO.

Boas tardes.
As tarefas para o último día desta semana son:
LENGUA: facemos a páxina 177 para traballar os tempos verbais (pasado, presente e futuro). Lembrádesvos que xa o traballaramos nunha videochamada?
LINGUA: facemos a páxina 177 para traballar o verbo en pasado. 


Pasade unha boa fin de semana!

TAREFAS 1º VENRES 5 XUÑO.

Boas tardes.
As tarefas para o último día desta semana son:
LENGUA: facemos o repaso da unidade na páxina 203.
LINGUA: facemos a páxina 205 para recordar que diante de p se escribe m (mp).


Pasade unha boa fin de semana!

mércores, 3 de xuño de 2020

TAREFAS 2º XOVES 4 XUÑO.

Boas tardes.
Para xoves imos a ler o conto "Un achado inesperado" das páxinas 174 e 175 de LINGUA e despois facemos as actividades de comprensión da páxina 176. 

De MATE tedes que facer a páxina 222.

TAERFAS 1º XOVES 4 XUÑO

Boas tardes.
Para xoves facemos a páxina 202 de LINGUA onde tedes que escribir cómo medra unha planta. 
Fixádevos ben nos debuxos e nas expresións que aparecen que vos axudarán moito á hora de redactar. E, por suposto, facede boa letra e poñede puntos ao final. 

martes, 2 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 3 XUÑO.

Boas tardes.
Mañá vamos a ler o conto "Los patos y la tortuga" das páxinas 174 e 175 de LENGUA e despois facemos as actividades de comprensión da páxina 176. 

Ánimo que xa queda menos!

TAREFAS 1º MÉRCORES 3 XUÑO

Boas tardes.
As tarefas para mércores son as seguintes:
LENGUA: facemos a páxina 201 para traballar o suxeito das oracións (quen o fai?), igual que fixemos a semana pasada en lingua.
LINGUA: facemos a páxina 204 para practicar a escritura. Lembrade facer boa letra e ler un pouco cada día.


RELIXIÓN 1º e 2º

Aquí tedes o traballo de relixión para esta semana.

TRABALLO DE SOCIAIS 2º PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XULLO

BOAS:
Estamos xa chegando o final, polo tanto estas semanas que nos quedan vamos a repasar os contidos que demos o longo do curso.

FICHA

luns, 1 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MARTES 2 XUÑO.

Ola a todos/as.
Mañá martes faremos traballo de LENGUA. Imos a ler a páxina 170 (sen facer os exercicios) e facer a páxina 171 (no exercicio 5 facemos a opción B). 

TAREFAS 1º MARTES 2 XUÑO

Ola a todos/as.
Para martes vamos a ler o conto "O honrado canteiro" que aparece nas páxinas 200 e 201 de LINGUA e despois facemos as actividades de comprensión da páxina 202.

TRABALLO DE SOCIAIS 1º, SEMANA DO 1 AO 5 DE XULLO

Boas:
Estamos na recta final, polo que estas últimas semanas vamos a repasar os contidos que demos o longo do curso.

FICHA

domingo, 31 de maio de 2020

Actividade de 1º de Matemáticas do 1 ao 5 de xuño

Co gallo de que entramos en xuño e os alumnos/as están bastante cansos (sobre todo con tan bo tempo) imos baixar algo o ritmo de traballo.
Aquí vos deixo o traballo ata o 5 de xuño.
Establezo días pero podedes, como xa sabedes, facelo cando poidades.

Repaso do Tema 13


Hoxe comenzamos o repaso do tema 13.
  • Luns: páxina 188. Atentos aos días.
  • Mércores: páxina 189.

Tema 14


Isto xa o graballamos no primeiro trimestre, polo que pode que non vos lembredes. Fixádevos ben nas imaxes e nomes.
  • Venres: páxina 200.

Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

TAREFAS 2º LUNS 1 XUÑO

Boas tardes.
A tarefa para luns é facer as páxinas 170 (só o exercicio 1)  e 171 ( o exercicio 4 non se fai) de LINGUA onde imos a traballar cun poema e facer o repaso da unidade. 

De MATE tedes un xogo de cálculo mental.

Ánimo que mañá xa comeza o mes de xuño e cole xa vai rematar en nada!

TAREFAS 1º LUNS 1 XUÑO

Boas tardes.
O traballo para o luns é facer as páxinas 196 e 197 de LINGUA onde imos a cubrir unha ficha sobre unha planta e facer o repaso da unidade.

Ánimo que mañá xa comeza o mes de xuño e o curso vai acabar prontiño!

ACTIVIDADES INGLÉS 1º e 2º LUNS e MARTES 1 e 2 de XUÑO

Good morning!

Cómo imos chic@s? Ánimo que xa queda menos.

Hoxe imos repasar os días da semana. Por unha banda déxovos unha canción de repaso:

DAYS OF THE WEEK SONG

e agora ides facer uns exercicios interactivos para repasasalos. Para que vos funcione o enlace vaivos preguntar se permitides o Adobe Flash Player e debedes dicir que sí.

LIM DAYS OF THE WEEK

Espero que vos guste.

xoves, 28 de maio de 2020

TAREFAS 2º VENRES 29 MAIO.

Boas tardes.
Mañá venres imos a confeccionar un cartel seguindo os pasos das páxinas 168 e 169 de LENGUA. Fixádevos ben no exercicio 3 que xa vos pon os apartados que ten que ter o voso cartel (recordade que tamén os dixemos na videochamada). Sacade a vosa creatividade e facede un estupendo cartel.

Tamén vos deixo un conto por se vos apetece lelo na fin de semana.

Pasade unha moi boa fin de semana!

TAREFAS 1º VENRES 29 MAIO

Boas tardes.
Para venres temos que facer as páxinas 198 e 199 de LENGUA para recordar que diante de p se escribe m (mp) e para practicar a escritura. 
Tamén vos deixo un conto por se vos apetece lelo durante a fin de semana.

Pasade unha moi boa fin de semana!

ACTIVIDADES INGLÉS 1º e 2º VENRES 29

Good morning! How are you?

O conto de hoxe vai sobre un pequeno caimán chamado Snappsy. Espero que vos guste:

SNAPPSY THE ALLIGATOR

See you later, alligator!

mércores, 27 de maio de 2020

TAREFAS 2º XOVES 28 MAIO.

Ola a todos/as.
Mañá imos a facer traballo de LINGUA. Faremos as páxinas 168 e 169 para elaborar carteis con mensaxes medioabientais. 
Ánimo que xa está rematando a semana!

TAREFAS 1º XOVES 28 MAIO

Ola a todos.
O traballo para o xoves é de LENGUA. Imos a ler o conto "Olimpia y las cabras" das páxinas 194 e 195 e facer as actividades de comprensión da páxina 196.
Ánimo que xa está rematando a semana!

ACTVIDADE PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 27



Hello again!

Esta semana temos unha actividade moi especial, e é que se trata dun concurso de retratos! A Portrait Contest!



Imos aprender a facer un auto-retrato, así que mirade ben este vídeo-titorial que vos deixo aquí para aprender a facer un retrato sinxelo:


Tedes dúas semanas de prazo para acabar os vosos self-portraits e envialos ao correo de sempre. Despois, as profesoras escolleremos a 3 gañadores/as que recibirán un premio sorpresa. Xa explicaremos máis adiante como recoller o premio. Sabemos que non é fácil debuxar un retrato, por iso deixámosvos dúas semanas, para que practiquedes e o fagades con calma e enviedes o voso mellor debuxo. A paciencia é moi importante na arte!
Good luck and enjoy!

* Nota: se usades acuarela, é millor usar un papel especial para acuarelas, ou cartulina branca. Se non tedes, tentade non empapar moito o pincel para non romper o papel. Pintade co que vos resulte máis cómodo.


martes, 26 de maio de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 27 MAIO

Boas e calurosas tardes a todos/as.
Para mañá temos que facer as páxinas 166 e 167 de LENGUA para recordar o uso da coma. 
Non vos esquezades de facer boa letra nin de ler un pouco cada día. 

TAREFAS 1º MÉRCORES 27 MAIO

Boas e calurosas tardes a todos/as.
Mañá temos que facer as páxinas 190 e 191 de LENGUA.
Non vos esquezades de facer boa letra e de ler un pouco cada día. 

Traballo de sociais para 2º , semana do 25 ao 29 de maio

Ola:
Como estades? Agora máis animados con este tempo. Para esta semana fíxenvos unha ficha de repaso.
Espero que vos guste.
Ánimo.

FICHA 

luns, 25 de maio de 2020

DRAWING HANDS

Good morning!

Qué tal vos foi coa activdade de plástica desta semana? Empezan a chegar cousas moi chulas:

Este fíxoo David Rey:


Estes fíxoos Damían:





Estes fíxoos Xián:


 
Estes son de Sarai:





 Estos son de Eloy






   
     Este fíxoo Ashley
















Estos fíxoos David González







                                           Estos son de Uxía




TAREFAS 2º MARTES 26 MAIO.

Boas tardes.
As tarefas do martes son:
LENGUA: facemos a páxina 165 para practicar os verbos.
LINGUA: facemos as páxinas 166 e 167 para traballar as palabras con x. 


TAREFAS 1º MARTES 26 MAIO.

Boas tardes.
Mañá martes imos a facer as páxinas 192 e 193 de LINGUA. Nelas practicaremos a escritura e recordaremos que diante de b sempre se escribe m (mb). 

TRABALLO DE SOCIAIS 1º , PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola:
Como estades? Espero que todos ben. Esta semana vamos repasar contidos que estivemos estudiando.
Espero que vos guste a ficha que vos fixen .
Moito ánimo.

FICHA

RELIXIÓN 1º E 2º.

Aquí tedes o traballo de relixión para esta semana.

domingo, 24 de maio de 2020

Actividades de 1º de matemáticas do 25 ata o 29 de maio

Hoxe deixovos o traballo ata o 29 de maio.

Números ata o 99

Hoxe imos ao tema 14.

Luns: Páxina 198. Fixádevos ben se son sumas ou restas.
Mates: Páxina 199.


Os Cartos


Hoxe volvemos a repasar o conteo de cartos, no vaia ser que nos esquecemos.


Mércores: Páxina 185.


O Calendario


Este tema non o chegamos a traballar en clase.

Xoves: Páxina 186. Aprendemos os meses. Xogo de práctica (Xogo Celebriti)
Venres: Páxina 187.


Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

TAREFAS 2º LUNS 25 MAIO.

Benvidos/as a última semana do mes de maio.
Para comezar a semana imos a facer as seguintes tarefas:
LINGUA: facemos a páxina 165 para traballar os verbos en presente. Lembrádesvos que na última videochamada estivemos practicando o pasado, presente e futuro?
Tamén vos deixo un xogo por se queredes practicar.
NATURAIS: vamos a rematar o tema das plantas facendo esta ficha para coñecer como é o seu ciclo de vida. 

Na ficha hai un enlace a un vídeo. Deixóvolo aquí tamén por se non sodes capaces de acceder dende a ficha. 
MATE: tedes que facer a páxina 191 e o exercicio 1 da páxina 193. Tamén tedes un xogo para practicar os polígonos ao largo de toda a semana. Nesa mesma páxina web hai xogos das tablas de multiplicar, de sumas e de restas por se vos apetece facelos. 

TAREFAS 1º LUNS 25 MAIO.

Benvidos/as unha semana máis.
As tarefas para o primeiro día desta semana tan calurosa son:
LINGUA: facemos a páxina 185 para traballar o suxeito  das oracións. Un truco para averiguar cal é o suxeito é preguntar "quen". Por exemplo na oración Xoán vai á praia, preguntamos "quen vai á praia?". Xa me contaredes que tal vos saiu.  
NATURAIS: vamos a rematar o tema das plantas facendo unha ficha sobre as plantas silvestres e cultivadas. 

ACTIVIDADES INGLÉS 1º e 2º LUNS e MARTES 25 e 26

Hello! How are you?

A semana pasada fixemos moito exercicio co Workout, pois hoxe toca relaxarnos un pouco facendo unha sesión de Yoga onde aprenderemos distintas poses dos animais que se empregan nas clases de Yoga. Espero que vos guste:

YOGA FOR CHILDREN: AQUATIC ANIMAL POSES

Enjoy!


xoves, 21 de maio de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 22

Good morning!

Qué tal? Cómo estades? Fixestes moito exercicio o martes co Workout? Sí, verdade?

Hoxe déixovos un conto onde ides repasar a comida. Titúlase "Dinner Time", acordádevos en que momento do día se toma a "Dinner"? Exacto, na cea. Espero que vos guste:

Dinner Time

See you next week!

TAREFAS 2º VENRES 22 MAIO

Boas tardes.
Para rematar esta semana imos a traballar LENGUA. Temos que ler o conto "Una gran obra" nas páxinas 162 e 163 e facer as actividades da páxina 164.
Pasade unha boa fin de semana.

TAREFAS 1º VENRES 22 MAIO

Boas tardes.
O traballo para mañá de LINGUA é ler o conto "Unha cenoria moi grande" nas páxinas 188 e 189 e facer as actividades da páxina 190.
Pasade unha boa fin de semana!

mércores, 20 de maio de 2020

TAREFAS 1º XOVES 21 MAIO

Boas tardes.
Para mañá xoves temos que facer o seguinte traballo.
LENGUA: lemos a páxina 188 ( sen facer os exercicios) e facemos a páxina 189.
NATURAIS: vamos a facer unha ficha para coñecer os tipos de follas que hai. 

TAREFAS 2º XOVES 21 MAIO

Boas tardes.
O traballo para xoves é o seguinte:
LENGUA: facemos o repaso da unidade na páxina 159. O exercicio 3A é voluntario.
NATURAIS: vamos a facer a ficha das plantas silvestres e cultivadas que xa explicamos na videochamada. 

ACTIVIDADE PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 20


Hello everybody!

Para a actividade de plástica desta semana, temos de novo un vídeo da estupenda Esther. She is amazing! Neste tutorial aprenderemos algúns trucos para facer debuxos sinxelos utilizando as nosas mans, e así poder facer cousas tan chulas como estas:



We will use our hands as a tool! A funny trick. Watch the video:


Podedes utilizar lapis, ceras, rotuladores, e facer un ou varios dos deseños que nos amosa Esther no vídeo! By the way... ocórresevos algún outro truco? Podedes ensinárnolo!
Enjoy it!


martes, 19 de maio de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 20 MAIO

Boas tardes.
O traballo para mañá é o seguinte:
LENGUA: facemos a páxina 153 para traballar os pronomes persoais (yo, tu, él, nosotros...). Lembrades que xa os traballaramos en lingua galega?
LINGUA: lemos o conto "Un frasco de perfume" das páxinas 162 e 163 e facemos as actividades da páxina 164 (o exercicio 5 non fai falta facelo). 

MATE: páxina 194.

TAREFAS 1º MÉRCORES 20 MAIO

Boas tardes.
Mañá temos traballo de LENGUA. Imos facer a páxina 186 para aprender que diante de b sempre se escribe m (mb) e a páxina 187 onde teremos que escribir comparacións sobre animais.
Lembrade facer boa letra!

TRABALLO DE SOCIAIS 2º PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Ola :
Como vos vai? Co bo tempo costa un pouquiño traballar pero vós sodes moi responsables e sabedes organizarvos ben. Eu intento axustar a clase as circunstancias nas que nos atopamos.

FICHA

luns, 18 de maio de 2020

TAREFAS 2º MARTES 19 MAIO.

Boas tardes.
Para mañá imos a facer as páxinas 154 e 155 de LENGUA para lembrarnos que br e bl sempre se escribe con b
Despois ledes un pouco. 

TAREFAS 1º MARTES 19 MAIO.

Boas tardes.
Para mañá imos a facer a páxina 185 de LINGUA para repasar a unidade.
Despois ledes outra vez a ficha de naturais de onte para non esquecervos dos cambios estacionais. 

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º MARTES 19

Hello again! How are you?

Como lles comentei aos vosos pais a partir de agora non teremos sesións de inglés por videoconferencia, polo que a dinámica das actividades vai cambiar un pouco. Estarán máis enfocadas hacia o xogo e recursos online pero eu seguirei vendo o voso progreso sen necesidade de que me enviedes o traballo por correo electrónico, deste xeito, libero aos vosos pais de ter que estar pendentes de imprimir, fotografiar e enviar. 

Preparádevos que imos comenzar, espero que teñades as vosas zapatillas de deporte postas porque as ides necesitar.

Are you ready? Imos facer unha sesión de entrenamento.

Alá vamos!


Que tal vos foi? 

SPRING FLOWERS

Hello everyone!

Ás profes encantáronnos as vosas fotografías de primavera, moitas grazas ás familias pola vosa incansable colaboración.

E velaquí vos deixo a galería de imaxes:

Esta é de Luís:


Estas fíxoas Sarai:




Esta fíxoa David Rey:




Estas dúas fíxoas Damián:




Esta é a composición de Gabi:



Estas son as imaxes de David González:




Esta é a obra de Antón:


Esta composición é de María:



Esta é de Uxía:



Esta é a de Ashley:



Esta fíxoa Eloy:



Xián envíanos esta recopilación de fotos: