martes, 31 de marzo de 2020

TAREFAS 2º PARA O MÉRCORES 1 DE ABRIL.

Boas tardes.
Mañá mércores tedes que facer as páxinas 114 e 115 de LENGUA e as páxinas 112 e 113 de LINGUA.
De MATE tedes uns xogos online para practicar os euros.
ÁNIMO.

TAREFAS 1º PARA O MÉRCORES 1 DE ABRIL.

Ola, que tal?
Para mañá mércores temos que facer a páxina 146 de LINGUA onde imos a escribir unhas normas para a piscina. E de LENGUA faremos as páxinas 142 e 143 onde elaboraremos unha invitación e repasaremos a unidade. 
Lembrade facer boa letra e ler todos os días un pouco, como vos dixen onte.
ATAMAÑÁ.

ACTIVIDADE PLÁSTICA 2º MÉRCORES 1 DE ABRIL

Good morning!! How are you today?

Hoxe teríamos clase de Arts and Crafts, así que vouvos propoñer a actividade que faríamos no cole, recordades que vos pedimos case o último día que trouxérades un calcetín vello e arroz ou lentellas? pois vouvos contar en qué consiste.

In Easter people used to paint Easter Eggs or make Easter Bunny Puppets... so this week we are going to make an Easter Bunny Doll with a sock.

É moi típico en Pascua facer manualidades como pintar ovos de Pascua, facer marionetas do coelliño coma a do outro día... Nós esta semana intentaremos facer un boneco do coelliño de Pascua usando un calcetín.

Neste tutorial a profe Shadia explica moi ben cada paso que debedes seguir. Podedes enviar unha foto do voso resultado ao correo: ceipabanqueiro@gmail.com


TUTORIAL

Espero que vos guste a actividade, podedes enviarme unha foto co resultado ao correo ceipabanqueiro@gmail.com

See you soon!

luns, 30 de marzo de 2020

PLÁSTICA 1º.

Podedes ver a actividade que vos propón a profe Shadia no seguinte enlace

TAREFAS 2º MARTES 30 DE MARZO.

Boas tardes.
Para mañá de LINGUA tedes que facer a páxina 111 que trata sobre o xénero (masculino e feminino), lembrádesvos?

En LENGUA imos a aprender os demostrativos. Mirade este vídeo (só ata o minuto 2) onde vos explican que son. Agora ides a facer a páxina 113 do libro e esta ficha.

De MATE tedes que facer as páxinas 159 e 160.


TAREFAS 1º MARTES 30 DE ABRIL

Boas tardes.
Mañá imos facer traballo de LINGUA. Temos que ler a páxina 144 (só ler) e facer a páxina 145 que trata sobre o SINGULAR e o PLURAL.


Tamén podedes ver este vídeo que vos explica un pouquiño.
Despois ides a facer esta ficha para seguir practicando.

Por certo, que vos pareceu a videochamada? Gustouvos? Queredes que repitamos outro día? Podedes escribir as vosas opinións nos comentarios. 

ACTIVIDADES INGLÉS 1º MARTES 31

Good morning!

How are you? Gustouvos o conto de Gruffalo? Podedes deixar un comentario e dicirme se vos gustou, así podo seguir buscando outros contos interesantes ou non.

Antes de nada, e aínda que non estemos xuntos na clase, non podemos esquecernos que xusto onte día 30 estivo Carla de cumpre, así que.... HAPPY BIRTHDAY TO YOU!!

Imos ver este video 

HAPPY BIRTHDAY CARLA!

e a cantarlle todos xuntos esta canción:

HAPPY BIRTHDAY SONG

Para hoxe propóñovos facer unha ficha para repasar o que estivemos aprendendo nesta unidade 4.

WORKSHEET 

E como sabedes que o máis importante nestas idades é que vos vaiades familiarizando coa parte oral do inglés, propóñovos esta pequena sesión de 8 minutos para facer ao mesmo tempo un pouco de exercicio físico, porque tamén é importante que nos movamos estes días que non podemos saír da casa.

8 minutes active

Espero que vos guste, podedes contarme que tal vos foi deixando un comentario no blog,

Arancha

CONTO EN INGLÉS PARA 1º E 2º

Hello again!!

Hoxe tráigovos unha gran sorpresa. Non sei ben como será, pero a editorial Macmillan ofrece no seu canal o conto en directo de Gruffalo, así que vos convido a todos a velo, será o luns ás 11h e podedes velo a través de Youtube, Facebook, Twitter, Linkedin ou Instragram. 

Podedes acceder ao seguinte enlace pero non estará disponible ata o luns ás 11h. (Acabo de cambiar o enlace para que podades ir directamente)

GRUFFALO

Tamén vos deixo aquí unha worksheet para que fagan os nenos, mañán colgarei as respostas.

WORKSHEET GRUFFALO

Estaremos ben atentos,  

Arancha

domingo, 29 de marzo de 2020

Exercicos de matemáticas de 1º - semana do 30 de marzo ao 3 de abril

Sumas Levando


Creo que todos tedes os libros, logo, para facilitar a impresión, comezaremos a utilizalos.

O tema que toca empezar é o da "suma levando", tema 11.

En realidade os nenos xa recibiron ao longo do curso a explicación de como se fai unha suma levando pero é normal que se vaian esquecendo das cousas. A continuación tedes un vídeo explicativos de como se fai (para que podades poñerllo)

Deben poñer especial atención en que sempre se empeza a facer as operación pola dereita, pola columna da unidades, se non o resultado non será o correcto.



Aquí vos deixo o traballo para esta semana:

Luns: Páxinas 150 a 152.
Martes: Páxina 153. No exercicio catro hai que rodear o número maior (¿o de arriba ou o da abaixo?)
Mércores: Páxina 154.
Xoves: Páxina 155.
Venres: Páxina 156.


TAREFAS 2º LUNS 30 DE MARZO.

Ola, que tal de fin de semana?
Para o luns temos que facer as seguintes tarefas:
LINGUA: ler o conto das páxinas 108 e 109 e facer as actividades da páxina 110.
MATEMÁTICAS: páxinas 155 e 158.
NATURAIS: imos a comezar o tema dos animais repasando algo que xa sabedes que é a diferenza entre os animais vertebrados e invertebrados. Para refrescar un pouco a memoria podedes ver estes vídeos.
Ahora tedes que coller un folio e nunha metade debuxar 3 ou 4 animais vertebrados, pintalos e poñerlle o nome e na outra metade facer o mesmo con animais invertebrados. E non vos esquezades de escribir os títulos arriba. Mirade o exemplo (non vale copiar estes animais).

TAREFAS 1º LUNS 30 DE MARZO.

Ola, que tal de fin de semana?
As tarefas para o luns son:
LINGUA: páxinas 142 e 143. Vamos a repasar o uso da c e da z (za, zo, zu, ce, ci). 

NATURAIS: vamos a comezar a unidade dos animais por algo moi sinxelo que é a diferenza entre 
- ANIMAIS VERTEBRADOS: son os que teñen esqueleto (ósos).
- ANIMAIS INVERTEBRADOS: son os que non teñen esqueleto. 
Antes de facer o traballo que vos direi despois, sería interesante que virades estes vídeos.
Vídeo animais invertebrados.
Agora que xa vístedes os vídeos tedes que coller un folio e facer como neste exemplo. Tedes que debuxar, colorear e poñer o nome a 3 ou 4 animais vertebrados e invertebrados (non vale poñer os mesmos que puxen eu). Non vos esquezades de escribir os títulos que aparecen arriba.  

ACTIVIDADES INGLÉS 2º LUNS 30

Good morning!

How are you? 

Antes de nada e aínda que non estemos xuntos na clase, non nos podemos olvidar de que Sarai estivo de cumple o día 14 de marzo e Marta xusto onte, o 28, así que..... HAPPY BIRTHDAY TO YOU!!
Imos cantarlle todos xuntos esta canción:

HAPPY BIRTHDAY SONG

Para hoxe propóñovos facer unha ficha para repasar o que estivemos vendo nesta unidade 4.

WORKSHEET 

E como sabedes que para min o máis importante nestas idades é que vos familiaricedes coa parte oral do inglés, propóñovos esta pequena sesión de 8 minutos para facer ao mesmo tempo un pouco de exercicio, porque tamén é importante que nos movamos un pouco aínda que non poidamos saír das nosas casas.

8 minutes active

Espero que vos divertades,

Arancha



xoves, 26 de marzo de 2020

TAREFAS 2º VENRES 27 DE MARZO

Boas tardes.
Mañá temos traballo de LENGUA e imos a ler o conto "La pipa de la paz" das páxinas 110 e 111 e despois imos a facer as actividades de comprensión da páxina 112. Lede con moita atención para saber respostar as preguntas!
Tamén vos deixo un conto para que o leades mañá ou durante a fin de semana e xoguedes a buscar as palabras que riman.

De MATEMÁTICAS tedes que facer as páxinas 156 e 157.
Para a fin de semana, ou cando vos apeteza, tedes uns xogos online. Un para repasar os conceptos dereita e esquerda e outro para practicar sumas, restas e multiplicacións. 


BOA FIN DE SEMANA!

TAREFAS 1º PARA O VENRES 27 DE MARZO.

Boas tardes.
O traballo que tedes que facer mañá e o seguinte:
LINGUA: ler o conto "A casa de chocolate" das páxinas 138 e 139 e facer as actividades de comprensión das páxinas 140 e 141. Lede con moita atención e lembrade escribir con boa letra. 
LENGUA: imos a facer a páxina 141 de nombres masculinos e femeninos ( xa o traballaramos en lingua, lembrádesvos?).
Tamén vos deixo un conto para que o leades mañá ou na fin de semana.

BOA FIN DE SEMANA!

ACTIVIDADES INGLÉS 1º PARA O VENRES 27

Good morning!

Se estivéramos en clase teríades que dicirme unha Password para poder entrar, recordades? Pois non vos olvidedes que pronto volveremos a facelo.

Para hoxe propóñovos dúas actividades:

1º Ver esta canción que sei que vos encanta:

Do you like broccoli?

2º Un xogo de mesa online sobre a comida. Tedes que tirar o dado que está na parte superior dereita e ir movendo as fichas polo taboleiro, logo premer na casilla na que caigades e contestar á pregunta. Podedes xogar cun irmán/á, papá ou mamá ou vos soiños intentando acertar as palabras.

FOOD BOARD GAME

Espero que vos guste o xogo.

Have a nice weekend!! 

Que pasedes unha boa fin de semana e vémonos o vindeiro luns.
Seguide facéndoo así de ben e pronto volveremos a estar xuntos.

Unha aperta grande,

Arancha

ACTIVIDADES INGLÉS 2º PARA VENRES 27

Good morning!

How are you today? I'm fine.

Para hoxe propóñovos varias actividades:

1º Ver a seguinte canción:


2º Facer unha actividade de repaso sobre as partes da casa:


3º Xogar ao PACMAN, neste caso a temática é sobre os animais, que sei que vos encantan, e así repasades un pouquiño.


Have a nice weekend! 
Espero que pasedes unha boa fin de semana e vémonos o luns que ven.
Seguide así que o estades facendo xenial.
Vémonos pronto,

Arancha

mércores, 25 de marzo de 2020

TAREFAS 2º XOVES 26 DE MARZO.

Boas tardes.
Para mañá temos traballo de LINGUA. Imos a describir unha personaxe fantástica. Nunca o fixemos, pero ides a ver que é super fácil porque a ficha xa vos vai guiando nos pasos. Primeiro tedes que facer as actividades e despois no último exercicio tedes que escribir a descripción coa información dos exercicios anteriores (non tedes que inventar nada). Na descripción tedes que poñer os seguintes datos (que xa sei que vos gusta moito que vos diga o que hai que poñer, jeje):
- como se chama a personaxe.
- como é.
- como vai vestido.
- que fai. 
Non vos olvidedes de poñer puntos e letras maiúsculas, por favor!

En NATURAIS tedes que coller un folio, debuxar unha pirámide e dividila en tres partes. Despois tedes que recortar e pegar alimentos no lugar correspondente (os que non teñades revistas para recortar, debuxades os alimentos). Lembrade:
- Abaixo: alimentos que debemos comer todos os días.

- No medio: alimentos que debemos comer algunhas veces á semana.
- Arriba: alimentos que só podemos comer de vez en cando (poucas veces). 
Tamén vos deixo aquí un XOGO online para practicar.

De MATE tedes unha ficha de matefísica. 

A profe de RELIXIÓN deixouvos uns videos para que os vexades. 


TAREFAS 1º XOVES 26 MARZO

Boas tardes.
Para mañá temos traballo de LENGUA onde imos a repasar as grafías c (ca, co, cu) e qu (que, qui). 

En NATURAIS tedes que coller un folio, debuxar unha pirámide e dividila en tres partes. Despois tedes que recortar e pegar alimentos no lugar correspondente (os que non teñades revistas para recortar, debuxades os alimentos). Lembrade:
- Abaixo: alimentos que debemos comer todos os días.

- No medio: alimentos que debemos comer algunhas veces á semana.
- Arriba: alimentos que só podemos comer de vez en cando (poucas veces). 
Tedes tamén un XOGO online para practicar.

A profe de RELIXIÓN deixouvos uns videos para que os vexades. 

martes, 24 de marzo de 2020

FOTOS DE ÁNIMO.

Mirade esta entrada da páxina web do cole e animádevos a participar. Os mestres xa estamos mans á obra!

TAREFAS 1º PARA O MÉRCORES 25 DE MARZO

Boas tardes.
Aquí tedes o traballo para mañá mércores. Non vos esquezades de facer boa letra e ler un pouquiño cada día. 
LINGUA: traballo de comprensión lectora.
LENGUA: ficha para repasar o xénero (masculino e feminino). 
Non tedes que facer as actividades todas seguidas. Podedes repartilas ao largo do día e facer algunhas pola mañá e outras pola tarde.
ÁNIMO!

TAREFAS 2º PARA O MÉRCORES 25 DE MARZO.

Ola de novo. 
Aquí tedes o traballo para mañá mércores. Veña ánimo que cada vez queda menos!
LENGUA: redacción "Mi mascota preferida". Na ficha xa aparecen os pasos que tedes que seguir e os aspectos dos que debedes escribir. 
LINGUA: vamos a ordenar unhas palabras alfabeticamente, para que non se nos esqueza o alfabeto. 
MATE: ficha de repaso. 


ACTIVIDADE DE PLÁSTICA 2º

Good morning!

Hoxe vouvos propoñer unha actividade de plástica, póñoa para os de 2º porque son aos que eu lles dou clase desta materia pero si vos apetece tamén podedes facela os de 1º.

Xa que se acerca a Pascua, imos facer unha marioneta (Easter Bunny Puppet).

Déixovos unha imaxe do resultado final e na segunda páxina a plantilla para imprimir:

EASTER BUNNY PUPPET

Espero que vos guste.

Seguide portándovos así de ben.

Arancha





MÚSICA E EDUCACIÓN FÍSICA.

Os profes de música e de educación física tampouco se esquecen de vós. Por iso vos vou deixar aquí uns enlaces para que vexades o blog de música do profe Fran onde vos fai propostas musicais e tamén algunha actividade de educación física que propón o profe Antonio. 
Veña, a mover o esqueleto!!!

RELIXIÓN

 A profe Dulce puxo na páxina web do cole traballo de relixión por se vos apetece facelo. 
Pinchade aquí e xa ides directamente ao sitio.

luns, 23 de marzo de 2020

TAREFAS 2º MARTES 24 DE MARZO.

Boas tardes.
As tarefas para mañá son:
LINGUA: ficha para repasar os conceptos de xénero e número.
LENGUA: ficha de comprensión lectora.
MATE: ficha de repaso.

TAREFAS 1º MARTES 24 DE MARZO.

Boas tardes.
A tarefa de LINGUA para mañá é para repasar as grafías g/gu/gü.

ACTIVIDADES INGLÉS 1º PARA O MARTES 24

Good morning!

Como ides rapaces? Recordade que para vencer ao virus debemos quedar todos na casa, xa veredes como entre o conseguiremos.

Para este martes propóñovos facer a ficha da páxina 23 do Workbook, para os que conseguistes rexistraros na web de Macmillan podédela facer dende aí, así podo ver a vosa evolución e para os que no o puidestes facer, déixovos aquí a ficha para que a poidades imprimir.

Workbook páxina 23

E logo de traballar un pouco, se vos apetece podedes ver o conto de Aladdin en inglés. A continuación déixovos o enlace, abaixo de todo da páxina podedes premer no conto que máis vos guste.

CONTOS

Recordade:  STAY AT HOME!!

domingo, 22 de marzo de 2020

TAREFAS 2º LUNS 23 DE MARZO.

Ola, que tal de fin de semana? Vamos a comezar unha nova semana, asique moito ánimo que cada vez queda menos!
Aquí tedes as tarefas para o luns 23.
LINGUA: vamos a repasar os sustantivos propios e a letra maiúscula.
NATURAIS: repasamos os nomes dos ósos e dos músculos. Tamén tedes uns tests online para practicar.

MATEMÁTICAS: ficha de repaso.

Non tedes que facer todas as actividades seguidas. O día é moi longo, asique podedes repartilas entre mañá e a tarde. O importante é que as fagades con boa letra, sen faltas e concentrados. 

TAREFAS 1º LUNS 23 DE MARZO.

Ola, que tal de fin de semana? Un pouco raro, verdade?
Déixovos por aquí as tarefas para mañá.
LINGUA: ficha de repaso da unidade 7.
NATURAIS: repasar as partes da cara e as articulacións para non esquecernos dos nomes.
ÁNIMO!

Actividades inglés 2º para o luns 23/03/20

Bo día a tod@s:

Como o ides levando? Seguro que algún día se vos fai un pouco longo, pero tede paciencia, veredes como todo isto pasará e se nos quedamos todos na casa venceremos ao virus.

Para este luns propóñovos facer a ficha da páxina 23 do Workbook, para os que conseguistes rexistraros na web de Macmillan podédela facer dende aí, así eu podo ver a vosa evolución e para os que non o puidestes facer, déixovos aquí a ficha para que a podades imprimir.

Workbook páxina 23

E logo de traballar un pouco, se vos apetece podedes ver o conto de Riciños de Ouro en inglés (Goldilocks and the Three Bears). A continuación déixovos o enlace, abaixo de todo da páxina podedes premer no conto que máis vos guste.

CONTOS

Rercordade : STAY AT HOME!!

sábado, 21 de marzo de 2020

Repaso de Matemáticas de 1º para a semana do 23 ao 27 de marzo de 2020


A continuación aparecen as actividades recomendadas a realizar durante esta semana do 23 ao 27 de marzo de 2020 como continxencia do peche de centros. Lembre que é bo repasar de vez en cando as actividades que aparecen nos puntos 3 a 7.
Poño todos os días xuntos para falicitar a impresión das fichas. De todos xeitos, se tedes tablet ou iPad, podedes descargar o programa XODO (un programa que permite o visionado de PDFs e escribir enriba deles) e así non será necesario imprimir fichas.

  1. Fichas de desenvolvemento da intelixencia matemática: Luns (Descargar), Martes (Descargar), Mércores (Descargar), Xoves (Descargar) e Venres (Descargar).
  2. Fichas de matemáticas. O alumnado debe intentar resolver os exercicios eles sós; Luns (Descargar - Corrección dos anteriores), Martes (Descargar ), Mércores (Descargar Correccións anteriores), Xoves (Descargar ) e Venres (Descargar  Correccións anteriores).
  3. Exercicios de operacións*Sumas HorizontaisRestas HorizontaisSumas levando.
  4. Outros exercicios*Exercicios de repaso do Trimestre 1Repaso de series 1Repaso de series 2Anterior e posterior.
  5. Exercicios de problemas: Xogos de problemas. (Pode ir rotando polos distintos problemas. O interesante é que non lle sexan nin moi fáciles nin moi difíciles) 
  6. Xogos de sumas e restas**CARREIRA DE MOTOS - CAZA AO ALIEN - SUMA DE BLOQUES - CARREIRA DE PATOS - ATOPA AS MÁSCARAS
  7. Xogar a algún xogo de lóxica matemática: puzzle, xogo de construccións, parchís, xogo de cartas (saben xogar a unha versión da escoba empregando os números escritos nas cartas) ou UNO...

    Nota:
     Lembrade que estas actividades son orientativas non é necesario rematalas todas. O máis importante é que sexan os propios nenos os que as fagan (ten que haber supervisión-corrección) pero deben ser eles os que as fagan. Debemos fomentar a autonomía.
    Tampouco é necesario que fagan todas as actividades enviadas de maneira continuada, pode haber períodos de descanso entre medias. ao

    * Para os exercicios é necesario AdobeFlash. Empregue un ordenador ou, se é un dispositivo móvil, empregue un navegador que poida reproducilo (por exemplo: Puffin)
    ** Estes son xogos que deberían funcionar en calquera equipo. Os xogos de carreira poden xogarse en grupo, é dicir, o alumnado pode quedar á mesma hora e xogar a mesma partida entre eles cada un dende o seu domicilio.

mércores, 18 de marzo de 2020

¿Que facer durante o finde?... ¡As Matemáticas Molan!


Para o fin de semana, se queredes, podedes aprender a facer este truco de cartas. ¡O único que necesitaredes é saber contar ben!

¡Ánimo!



¿Saíu?

Tamén podedes facer unhas galletas. Peque os nen@s pesen e tomen as medidas axuda moito a comprenderlas. 

Receita de galletas


ACCESO MACMILLAN

Bo día:

Vexo que algúns de vós xa estades dados de alta na plataforma e xa podo ver o voso progreso, de momento teño a David Rey, Eloy e Sarai. Se conseguides acceder os demais podería programar actividades para a semana que ven e se non, subirei algunha ficha para que podades facer todos.

Vémonos o luns! See you on Monday!

TAREFAS 2º PARA O MÉRCORES 18 DE MARZO.

Bos días.
Vamos a polo último día desta semana, posto que mañá é festivo e o venres estaba aprobado como día non lectivo. De todas formas podedes pasarvos por aquí de vez en cando a ver se hai algo novo.

A tarefa de hoxe de LENGUA é escribir un conto seguindo os debuxos que vedes na ficha. Non vos esquezades que os contos teñen tres partes: presentación, problema e solución. 
En LINGUA vamos a facer unhas fichas de repaso da letra R.
O profe Antonio mándavos esta ficha de MATE.

E non vos esquezades de ler un pouco cada día.
ÁNIMO!

TAREFAS 1º PARA O MÉRCORES 18 DE MARZO.

Bos días.
Vamos a polo último día desta semana, posto que mañá é festivo e o venres estaba aprobado como día non lectivo. De todas formas podedes pasarvos por aquí de vez en cando a ver se hai algo novo.

A tarefa de LINGUA é para repasar o uso da C (ce, ci) e da Z (za, zo, zu).
En LENGUA tedes unha ficha de repaso da unidade 8. O exercicio 3 é un ditado que algúen vos ten que ir lendo e vos escribilo. Non esquezades as maiúsculas e os puntos. O ditado é o seguinte:
- La guitarra de Diego es marrón.
- El pingüino come espaguetis.


E lembrade que tedes que ler un pouco todos os díass.

Repaso de Matemáticas de 1º para 18/03/2020

A continuación aparecen as actividades recomendadas a realizar durante o luns 18 de marzo de 2020 como continxencia do peche de centros. Lembre que ata o luns non haberá máis actividades polo que poden repasar das que aparecen nos puntos 3 e 6.

  1. (Só se hai posibilidade de imprimir ou velo nunha pantalla e realizalo nun caderno) Fichas de desenvolvemento da intelixencia matemática. Descargar
  2. (Só se hai posibilidade de imprimir ou velo nunha pantalla e realizalo nun caderno) Fichas de matemáticas. O alumnado debe intentar resolver os exercicios eles sós. Descargar
  3. Exercicios de operacións*: Sumas HorizontaisRestas Horizontais, Sumas levando.
  4. Outros exercicios*: Exercicios de repaso do Trimestre 1, Repaso de series 1, Repaso de series 2, Anterior e posterior.
  5. Xogos de sumas e restas**: CARREIRA DE MOTOS - CAZA AO ALIEN - SUMA DE BLOQUES - CARREIRA DE PATOS - ATOPA AS MÁSCARAS
  6. Xogar a algún xogo de lóxica matemática: puzzle, xogo de construccións, parchís, xogo de cartas (saben xogar a unha versión da escoba empregando os números escritos nas cartas) ou UNO...
Nota: Lembrade que estas actividades son orientativas non é necesario rematalas todas. O máis importante é que sexan os propios nenos os que as fagan (ten que haber supervisión-corrección) pero deben ser eles os que as fagan. Debemos fomentar a autonomía.
Tampouco é necesario que fagan todas as actividades enviadas de maneira continuada, pode haber períodos de descanso entre medias.

* Para os exercicios é necesario AdobeFlash. Empregue un ordenador ou, se é un dispositivo móvil, empregue un navegador que poida reproducilo (por exemplo: Puffin)
** Estes son xogos que deberían funcionar en calquera equipo. Os xogos de carreira poden xogarse en grupo, é dicir, o alumnado pode quedar á mesma hora e xogar a mesma partida entre eles cada un dende o seu domicilio.

martes, 17 de marzo de 2020

St. Patrick's Day

Ola de novo:

Hoxe é 17 de marzo e se tivéramos clase de inglés celebraríamos St. Patrick's Day (Día de San Patricio).

Por isto vouvo deixar aquí algúns videos.

                                        Video para aprender o vocabulario de St. Patrick's Day:


Outro video para cantar a canción de St. Patrick's Day:


Un máis para bailar esta canción tan divertida:


                 HAPPY ST. PATRICK'S DAY!

TAREFAS 2º PARA O 17 DE MARZO.

Bos días.
Aquí tedes as tarefas do día de hoxe. 

Facede primeiro as de lengua que requiren máis concentración e despois as de lingua que son uns pasatempos.

Tamén vos deixo a FICHA de mate que vos manda Antonio.


TAREFAS 1º PARA O MARTES 17 DE MARZO.

Bos días. 

Hoxe teriamos clase de lingua galega e a tarefa que tedes que facer é ler o seguinte TEXTO e responder ás preguntas. 
Non esquezades comezar con letra maiúscula, poñer punto ao final de cada oración e facer boa letra. 

Repaso de Matemáticas de 1º para 17/03/2020

A continuación aparecen as actividades recomendadas a realizar durante o martes 17 de marzo de 2020 como continxencia do peche de centros.

  1. (Só se hai posibilidade de imprimir ou velo nunha pantalla e realizalo nun caderno) Fichas de desenvolvemento da intelixencia matemática. Descargar
  2. (Só se hai posibilidade de imprimir ou velo nunha pantalla e realizalo nun caderno) Fichas de matemáticas. O alumnado debe intentar resolver os exercicios eles sós. Descargar - Descargar correccións anteriores
  3. Exercicios de operacións*: Sumas Horizontais, Sumas Verticais, Restas Horizontais, Restas Verticais.
  4. Xogar a algún xogo de lóxica matemática: puzzle, xogo de construccións, parchís, xogo de cartas (saben xogar a unha versión da escoba empregando os números escritos nas cartas) ou UNO...

* Para os exercicios é necesario AdobeFlash. Empregue un ordenador ou, se é un dispositivo móvil, empregue un navegador que poida reproducilo (por exemplo: Puffin)

luns, 16 de marzo de 2020

COMO FUNCIONAN OS VIRUS?

Aquí tedes un experimento para entender como funcionan os virus. 
Se alguén se anima a facelo pode contarnos que lle pareceu.

MATEMÁTICAS 2º PARA O 16 DE MARZO

Ola de novo.
Aquí tedes unha ficha de mate que vos deixa o profe Antonio.
Durante estes días que estamos na casa, tedes que estudiar as táboas de multiplicar (un par delas cada día).


ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º

Bo día chic@s:

Agora mesmo os de 2º deberíades estar en clase de inglés comigo, pero por motivos de seguridade debemos quedarnos todos en casa, xa veredes como entre todos seremos capaces de superar ao Coronavirus e pronto volveremos a estar todos xuntos. O importante é que fagades moito caso estes días aos vosos papás porque tamén é unha situación difícil para eles.

Eu propóñovos para esta semana unha serie de actividades de repaso para que non vos olvidedes do que levamos aprendido. Nesta ocasión propóñovos, tanto aos de 1º coma aos de 2º, o acceso ás mesmas plataformas porque unha vez dentro cada un accede ao seu nivel:

- Entrar en Macmillan Education coas claves persoais que vos pasei a principio de curso na reunión inicial e dende aí repasar os contidos da unidade 4 que estamos a traballar en clase.

Aquí podedes descargar a guía para activar os vosos códigos: GUÍA

Despois de activar o voso código de alumno podedes unirvos á aula e así poderei facer un seguimento do voso traballo introducindo o voso código correspondente tal e como se indica na guía:
 código alumn@s 1º CL87582957; código alumn@s 2º: CL97121443

- Se queredes xogar repasando inglés, tamén podedes acceder a Oxford Online Learning Zone e seleccionar os niveis 1 e 2. Aquí atoparedes varios xogos adaptados ao voso nivel.

- E, por último, non vos olvidedes de xogar moito ao Memory. Podedes aproveitar para repasar o vocabulario das unidades anteriores.

Dado que o venres tiñamos ponte e non íamos ter clase de inglés, volverei a poñervos tarefas o vindeiro luns.

Moito ánimo, portádevos ben e vémonos pronto.

A vosa profe de ingles: Arancha

Repaso de Matemáticas de 1º para 16/03/2020

A continuación aparecen as actividades recomendadas a realizar durante o luns 16 de marzo de 2020 como continxencia do peche de centros.

  1. (Só se hai posibilidade de imprimir ou velo nunha pantalla e realizalo nun caderno) Fichas de desenvolvemento da intelixencia matemática. Descargar
  2. (Só se hai posibilidade de imprimir ou velo nunha pantalla e realizalo nun caderno) Fichas de matemáticas. O alumnado debe intentar resolver os exercicios eles sós. Descargar
  3. Exercicios de operacións*: Sumas Horizontais, Sumas Verticais, Restas Horizontais, Restas Verticais.
  4. Xogar a algún xogo de lóxica matemática: puzzle, xogo de construccións, parchís, xogo de cartas (saben xogar a unha versión da escoba empregando os números escritos nas cartas) ou UNO...

* Para os exercicios é necesario AdobeFlash. Empregue un ordenador ou, se é un dispositivo móvil, empregue un navegador que poida reproducilo (por exemplo: Puffin)

TAREFAS 2º PARA O LUNS 16 DE MARZO.

Bos días.
Aquí tedes o traballo do día de hoxe. O que poida que imprima as fichas e as faga e os que non teñan esa posibilidade que as fagan nun folio ou nun caderno.
Cando volvamos ao cole tedes que traer todas as fichas feitas.
Lembrádevos que hai que facer os traballos limpos, ordenados, con boa letra e sen faltas de ortografía!

LINGUA


CIENCIAS NATURAIS.

TAREFAS 1º PARA O LUNS 16 DE MARZO.

Bos días.
Aquí tedes o traballo do día de hoxe. O que poida que imprima as fichas e as faga e os que non teñan esa posibilidade que as fagan nun folio ou nun caderno. 
Cando volvamos ao cole tedes que traer todas as fichas feitas. 
Lembrádevos que hai que facer boa letra e ter coidado coas faltas!

LINGUA GALEGA.


CIENCIAS NATURAIS.

domingo, 15 de marzo de 2020

XOGO ABECEDARIO

Déixovos aquí o xogo do abecedario que usamos ás veces na aula. Se podedes imprimilo é un bo recurso para pasar o tempo estes días que non podemos saír da casa. 




sábado, 14 de marzo de 2020

CORONAVIRUS.

Que vos parece se comezamos lendo un pequeno conto sobre o coronavirus?



Gustouvos? Podedes deixar un comentario máis abaixo! Pedídelle colaboración aos vosos pais e nais para que vos axuden a rexistrarvos e así poder comunicarnos.