xoves, 30 de abril de 2020

MACARONI NECKLACE

Empezan a chegar as primeiras fotos do vosos collares de pasta.

Uxía ensínanos o seu deseño, moi chulo:


Este deseño fíxoo Luis:



Mirade qué guapa está María co seu novo collar:




Damián e o seu irmán Manuel traballaron moitísimo, mirade que ben lles quedaron os seus collares:



Mirade que colorido o collar de Xián:



Mirade que favorecida está Megan, a gatiña de Gabi, co collar:




Mirade que ben lle queda ao gatiño de Ashley o collar:

E xa non digo nada de como lle queda a David e máis a Antón:






mércores, 29 de abril de 2020

TAREFAS 2º XOVES 30 ABRIL.

Boas tardes. 
Vamos a polo último día desta semana porque, como xa vos informamos, o venres e o luns non haberá clase. 
LINGUA: vamos a aprender a cubrir un impreso facendo as páxinas 144 e 145 (o exercicio 3 non se fai).
NATURAIS: vamos a facer a ficha sobre os ecosistemas. Lembrade que na videochamada xa explicamos o que eran os ecosistemas e cales eran os seus compoñentes. Recordade que as fichas facémolas con boli. Tamén vos deixo un pequeniño vídeo


Para rematar déixovos o conto "O dragón comemedo" por se vos apetece lelo nesta fin de semana longa e unha ficha voluntaria para escribir un conto. 


DISFRUTADE DA FIN DE SEMANA. VÉMONOS O MARTES COAS PILAS CARGADAS!

TAREFAS 1º XOVES 30 ABRIL.

Boas tardes.
Vamos a polo último día desta semana, posto que como xa vos informamos o venres e o luns non haberá clase.
LENGUA: lemos o conto "La princesa Cisne" das páxinas 170 e 171 e facemos as actividades de comprensión da páxina 172.
NATURAIS: vamos a traballar os grupos de animais vertebrados que nos faltan (réptiles, anfibios e peixes) con esta ficha. Tamén vos deixo un vídeo.


Para rematar déixovos o conto "O dragón comemedo" por se vos apetece lelo este fin de semana longo. 

DISFRUTADE DA FIN DE SEMANA. VÉMONOS O MARTES CON MOITA ENERXÍA!


VÍDEO PICNIC LITERARIO

Boas noites.
Aquí vos deixo o vídeo coas fotos que mandástedes facendo o voso picnic literario.
Moitas grazas a todos e todas os que participástedes!!!
E lembrade seguir lendo un pouco cada día. 

martes, 28 de abril de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 29 ABRIL

Boas tardes.
Para mañá temos o seguinte traballo:
LINGUA: facemos a páxina 141 sobre o artigo (o,a,os,as).
LENGUA: vamos a facer as páxinas 134 e 135 para repasar a orde alfabética. Se alguén non se acorda do abecedario que o estudie. Lembrade que para ordenar palabras alfabeticamente temos que mirar a primeira letra e se hai dúas que teñan a primeira letra igual, miramos a segunda e así sucesivamente. 

Con isto rematamos o libro, preparade o do 3º trimestre para o próximo día. 
MATE: tedes que facer a páxina 180.

TAREFAS 1º MÉRCORES 29 ABRIL.

Ola a todos/as. 
As tarefas para o mércores son:
LINGUA: facemos as páxinas 168 e 169. Non vos esquezades que os nomes se escriben con letra maiúscula.
LENGUA: facemos a páxina 167 para repasar a unidade. Con isto acabamos o libro, preparade o do 3º trimestre para o próximo día. 

PLÁSTICA 1º E 2º PARA MÉRCORES 29

Good morning!

Hoxe as mestras de inglés traémosvos unha actividade que podedes aproveitar como regalo para as vosas nais porque se acerca o Día da nai.

A profe Shadia explícavos como facer un bonito collar neste vídeo:

MACARONI NECKLACE FOR MOTHER'S DAY

Material necesario:
- Pasta de distintas formas
- Témperas ou se non tedes podedes probar con rotuladores
- Papel de cociña.
- Corda ou cordón.
- Moita imaxinación.

Esperamos as vosas fotos! Enjoy!

Traballo de sociais 2º para a semana do 27 ao 30 de abril

Boas:
Como vos atopades ? Supoño que máis animados, agora xa podedes saír a dar paseos e a correr etc. Alégrome moito.
Esta semana seguimos aprendendo máis cousa sobre a Terra. Non olvidedes de ir repasando .

FICHA:

luns, 27 de abril de 2020

TAREFAS 2º MARTES 28 ABRIL.

Boas tardes.
As tarefas para mañá martes son:
LINGUA: lemos o conto "A viaxe de Carolina" nas páxinas 138 e 139 e facemos as actividades de comprensión da páxina 140. 
LENGUA: vamos a facer o repaso trimestral que aparece nas páxinas 132 e 133.
Por favor facede boa letra, lede ben os enunciados e tede coidado coas faltas de ortografía. 

TAREFAS 1º MARTES 28 ABRIL.

Boas tardes.
Para mañá temos traballo de LINGUA. Imos a ler o conto "O peixe máxico" das páxinas 164 e 165 e facer as actividades da páxina 166.
Por favor facede boa letra, tede coidado coas faltas de ortografía e poñede puntos ao final das oracións.  

ACTIVIDADES INGLÉS 1º MARTES 28

Hello again! How are you?

Xa estamos de volta unha semana máis. Tal e como vos dixen o outro día, esta semana non teremos videoconferencia.

Hoxe déixovos o Memory desta unidade 5 para que o coloreedes como máis vos guste, o recortedes e xoguedes moito con él. 

MEMORY UNIT 5

Este venres non vos deixarei traballo por ser día festivo.
Vémonos a semana que ven! e moito coidadiño coas saídas á calle.

Traballo de sociais 1º para a semana do 27 ao 30 de abril

Boas:
Como estades? Penso que máis animados, xa pudestes dar un paseiño.
Para esta semana seguimos aprendendo máis sobre a Terra. Mándovos apuntes para que leades varias veces e asimiledes os conceptos; logo facedes esas actividades. Copiade con boa letra e colocando acentos.

FICHA

domingo, 26 de abril de 2020

Tarefas de 1º de matemáticas do 27 ao 30 de abril

Hoxe dixovos o traballo ata o 30 de abril. Lembrade que o 1 de maio é festivo e toca descansar!

A Suma

Volvemos ao tema 11 a repasar os gráficos.

Luns: Páxina 160. Os datos a empregar serán: esquío 5, galiña 3, camaleón 3 e can 7
Martes: Páxina 161.

Os Cartos


Hoxe saltamos facemos un pequeno salto ata a páxina 170 Tema 12 Os Cartos.

Seguro que lembrades as explicacións e os xogos que fixemos ao longo do curso de comprar e vender.


Mércores: Páxina 170.


As Figuras Planas: Polígonos


Logo saltaremos ao tema 13, Figuras Planas. Repasaremos as direccións. Lembrade que xa fixemos algúns exercicios en clase dando indicacións sobre mapas:


Xoves: Páxina 182. Escribe as indicacións, no primeiro exercicio, e no segundo debes seguir as indicacións.



¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

TAREFAS 2º LUNS 27 ABRIL.

Ola, que tal de fin de semana? 
Vamos a comezar outra semana, asique moito ánimo que xa queda menos!
As tarefas para o luns son:
LINGUA: vamos a facer o repaso de todo o traballado durante este trimestre (páxinas 130 e 131). Lede ben os enunciados e facede boa letra.
Con estas páxinas rematamos o libro do 2º trimestre (cun pouco de retraso), asique preparade o libro do 3º trimestre para o próximo día. 
NATURAIS: vamos a facer unha ficha de repaso sobre o tema dos animais. 
MATE: tedes un xogo de memoria numérica. 

TAREFAS 1º LUNS 27 ABRIL.

Ola a todos/as. Que tal de fin de semana?
Vamos a comezar unha semana máis cargadiños de enerxía.
As tarefas para o luns son:
LINGUA: vamos a facer o repaso de todo o que traballamos neste trimeste (páxinas 160 e 161). Lembrade ler os enunciados e facer boa letra. 
Con estas dúas páxinas rematamos o libro do 2º trimestre (aínda que cun pouco de retraso). Para o próximo día tede preparado o libro do 3º trimestre.
NATURAIS: imos a comezar a traballar os distintos grupos de animais vertebrados (mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes). Hoxe vamos a comezar facendo unha ficha sobre os mamíferos e as aves. Tamén vos deixo dous vídeos: un sobre os mamíferos e outro sobre as aves

ACTIVIDADES INGLÉS 2º PARA O LUNS 27

Hello again! How are you?

Xa estamos de volta unha semana máis. Tal e como vos dixen o outro día, esta semana non teremos videoconferencia e a vindeira tampouco por coincidir o luns en día non lectivo.

Hoxe déixovos o Memory desta unidade 5 para que o coloreedes como máis vos guste, o recortedes e xoguedes moito con él. Fixádevos que tamén vos van os días da semana, así que tamén podedes xogar a facer frases como: 
- On Monday I walk the dog ou 
- On Saturday I go swimming.
- etc...

MEMORY UNIT 5

O venres tampouco vos deixarei traballo por ser festivo.

Pasade unha boa semana! e moito coidado nas saídas á calle.

sábado, 25 de abril de 2020

CONTO "EL OSO GOLOSO".

Como xa sabedes a partir do domingo os nenos e nenas poderedes saír un pouco a rúa, pero tedes que seguir unhas normas. Déixovos un conto moi faciliño onde vos explican cales son. 

POR FAVOR, CUMPRIDE AS NORMAS!!!

RELIXIÓN 1º E 2º.

Déixovos por aquí o traballo de relixión que a profe Myriam vos deixa para os próximos días. Si, si, léstedes ben. A profe Myriam xa está de volta no cole. Unha mágoa que non nos puidéramos despedir de Dulce. Pero... que vos parece se lle deixades un comentario de despedida a Dulce e/ou de benvida a Myriam? Eu encargareime de dicirlle que os lean. 

Nota: a partir de agora as tarefas de relixión tedes que envialas a profe.myriamabanqueiro@gmail.com 

xoves, 23 de abril de 2020

TAREFAS 2º VENRES 23 ABRIL.

Boas tardes.
Para mañá venres temos traballo de LENGUA. Como vos expliquei na videochamada imos a facer as páxinas 128 e 129 onde imos a escribir anuncios. Lembrade que tedes que poñerlle un título, explicar como é o obxecto e por último poñer o voso nome e o teléfono.

BOA FIN DE SEMANA!

TAREFAS 1º VENRES 24 ABRIL.

Boas tardes.
O traballo para mañá venres é o seguinte:
LINGUA: facemos o repaso da unidade da páxina 159.
LENGUA: vamos a facer a receita que aparece na páxina 166. Tedes que fixarvos ben nos ingredientes e nos debuxos coas accións que aparecen para poder escribir a receita de forma correcta. 
O que queira, de forma voluntaria, pode facer unha receita durante a fin de semana. Déixovos aquí un modelo por se o queredes empregar. 

BOA FIN DE SEMANA!

MAGIC DRAWINGS

Hello!

Empezan a chegar os primeiros debuxos máxicos.

Gabi envíanos un pequeno vídeo de demostración:

VÍDEO GABI







Es delfín fíxoo Natán





Mirade que chulo o debuxo de David Rey









Damián e o seu irmán Manuel fixeron todos estes debuxos.











Estes dous fíxoos David González

Aquí vemos a Eloy moi concentrado facendo o seu debuxo.




Antón envíanos varios debuxos:
An orange (unha laranxa)








A little bird (un paxariño)

and a planet (un planeta)
















Estes dous tan chulos fíxoos Ashley






Este helicóptero fíxoo Xián

ACTIVIDADE INGLÉS 1º E 2º VENRES 24

Hello children!

Hoxe tráigovos un conto, como me pedistes o outro día os de 1º, vai sobre unha bruxiña, e recordade: room significa habitación e broom é a escoba máxicas das bruxas, espero que vos guste:

ROOM ON THE BROOM

Logo de ver o vídeo, tedes que facer unha pequena ficha:

Worksheet Room on the Broom

TIP: ON = Encima
        IN = Dentro
        UNDER = Debaixo
Esta información axudaravos a facer o exercicio 3 da páxina 3 da ficha.

See you!

mércores, 22 de abril de 2020

TAREFAS 2º XOVES 23 DE ABRIL.

Boas tardes.
Como xa sabedes mañá, día 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Por este motivo na clase de lingua de hoxe imos a ler este conto: 
Cando rematedes de lelo, tedes que contestar á seguinte pregunta que aparece ao final do conto: ¿Qué te gustaría inventar para mejorar tu vida y la de quienes te rodean?
Tedes que coller un folio, debuxar o voso invento e explicar por escrito en que consiste. 

De NATURAIS imos a facer esta ficha dos animais invertebrados. Tamén tedes un vídeo
De MATE tedes que facer a páxina 170.

TAREFAS 1º XOVES 23 ABRIL.

Boas tardes.
Como xa sabedes mañá, día 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Por este motivo na clase de lengua de hoxe imos a ler este conto: 
Cando rematedes de lelo, tedes que contestar á seguinte pregunta que aparece ao final do conto: ¿Qué te gustaría inventar para mejorar tu vida y la de quienes te rodean?
Tedes que coller un folio, debuxar o voso invento e explicar por escrito en que consiste. 

De NATURAIS imos a traballar a alimentación dos animais con esta ficha. Tamén tedes un xogo para practicar (tédeslle que dar a xogar como invitado para poder acceder). 

martes, 21 de abril de 2020

TAREFAS 1º MÉRCORES 22 ABRIL.

Ola a todos/as.
As tarefas para mañá son:
LINGUA: facemos a páxina 158 onde temos que copiar as instrucións para lavar correctamente os dentes. Lembrade facer boa letra e poñer punto ao final das oracións.
LENGUA: lemos e facemos as actividades da páxina 164 e despois traballamos os verbos na páxina 165.



ÁNIMO CAMPIÓNS!!

TAREFAS 2º PARA MÉRCORES 22 ABRIL.

Ola a todos/as.
As tarefas para mañá son:
LENGUA: lemos o texto informativo da páxina 130 e facemos a actividade 1 e despois facemos o repaso da unidade na páxina 131 (o 4 non se fai).
LINGUA: lemos o texto e facemos as actividades da páxina 128 e despois facemos o repaso da páxina 129 (o 4 non se fai).

Lembrade ler ben os enunciados para saber o que tedes que facer. 
MATE: tedes que facer a páxina 169.

PLÁSTICA 1º E 2º PARA MÉRCORES 22

Hi again! How are you?

Hoxe as mestras de inglés traémosvos unha actividade moi divertida: KITCHEN MAGIC ART



Material necesario:
- Papel de cociña
- Recipiente con auga
- Rotuladores de cores

Déixovos aquí un pequeno titorial que fixo Esther. Espero que vos guste. Neste caso é un pouco máis difícil enviar unha foto, pero se podedes fantástico.

TUTORIAL

See you next week in Arts and Crafts!

Tarefas de matemáticas de 1º dende o 22 ao 24 de abril

Antes de nada, desculpade polo erro na publicación. Hoxe déixovos traballo para o que queda de semana.

Os Cartos


Hoxe saltamos facemos un pequeno salto ata a páxina 168, Tema 12 Os Cartos.

Seguro que lembrades as explicacións e os xogos que fixemos ao longo do curso de comprar e vender.


Mércores: Páxina 168.
Xoves: Páxina 169.


As Figuras Planas: Polígonos


Logo saltaremos ao tema 13, Figuras Planas. Aquí vos deixo unhas explicacións sobre polígonos. Os lados e os vértices:


Logo das explicacións faremos o seguinte traballo:

Venres: Páxina 180 e 181.



¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

TRABALLO DE SOCIAIS 2º

Boas:
 Que tal? Ánimo que xa queda pouquiño. Xa recibín algúns ex. e están bastante ben, hai que intentar facer boa letra e copiar sen faltas.
 Para esta semana empezamos o tema da Terra. Primeiro temos que copiar o que hai no universo coas definicións de cada elemento; logo intentámolo memorizar e a continuación facemos as actividades.

Un saúdo.


FICHA : TRABALLO DE SOCIAIS 2º

luns, 20 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO.

O xoves 23 de abril celébrase o Día do Libro. Como este ano non o podemos conmemorar no cole, o equipo de biblioteca proponvos unha actividade moi orixinal.
Mirade o que vos conta a profe Shadia neste vídeo.
Quen se anima a facelo? Eu si!

RELIXIÓN 1º E 2º

Déixovos o enlace co traballo de relixión para esta semana. 

TAREFAS 2º MARTES 21 ABRIL.

Boa tarde.
As tarefas para mañá son:
LINGUA: ídesvos a convertir en cociñeiros e elaborar a carta dun restaurante que aparece nas páxinas 126 e 127.
LENGUA: vamos a facer a páxina 125 que trata sobre os posesivos (palabras que indican de quen é algo: mi, nuestro, sus, vuestras...) e os numerais. 

Tamén vos deixo unha ficha voluntaria por se queredes practicar un pouco máis, un xogo de posesivos e outro xogo de numerais. 

Lembrade que de MATE tedes clase ás 10:00.

TAREFAS 1º MARTES 21 ABRIL.

Boa tarde.
Para mañá temos traballo de LINGUA para practicar os verbos. Lembrades que na videochamada dixemos que eran as cousas que facemos (chorar, saltar, comer...) e xogamos a adiviñalos? 
Imos a facer a páxina 157 e esta ficha

Traballo de sociais 1º para a semana do 20 de abril

Boas:
Como estades todos? Espero que ben. Xa recibín traballos a semana pasada e todos estaban bastante ben. Esta semana seguimos traballando cos contidos que empezamos. Déixovos unha ficha onde vos explico os movementos que realiza a terra . Podedes copiar con boa letra os contidos , aprendelos e logo facedes as actividades. Non olvidedes de dar un repaso os planetas para ir memorizándoos.
 Biquiños para todos e moito ánimo.

FICHA

VIDEOCONFERENCIA INGLÉS 1º MARTES 21 ÁS 12:30h


Good morning! How are you?

Xa estamos de volta e mañá teremos unha sesión por videoconferencia ás 12:30h. A miña idea a partir de agora é facer unha cada 15 días, sempre en martes e no mesmo horario. O nome da sala será o mesmo: INGLESABANQUEIRO1 pero a maiores pedirávos un contrasinal, xa que está habendo problemas de seguridade, que vos enviarei a través de Abalar.

Como o outro día, necesito que teñades diante o libro, un lapis e unha goma.

See you tomorrow!


domingo, 19 de abril de 2020

TAREFAS 2º LUNS 20 ABRIL.

Boas tardes. 
Vamos a comezar unha semana máis con moita enerxía. As tarefas para mañá son:
LINGUA: vamos a facer as páxinas 124 e 125 para seguir practicando que os nomes propios se escriben con maiúscula. Non vos esquezades!!!
NATURAIS: hoxe imos a facer un xogo online para repasar todo o aprendido ata agora acerca dos animais. 

Tamén vos deixo un vídeo para que vexades a transformación dunha ra dende que nace ata que é adulta (o xoves esquecinme de poñelo). 
MATE: tedes unha ficha de repaso.
O profe Antonio tamén vos deixa un calendario do ano 2020 para traballar na unidade 12. Imprimídeo ou descargádeo para telo a man cando teñades que facer as tarefas. Ou se tedes vós un pola casa tamén vos vale. 

TAREFAS 1º LUNS 20 ABRIL.

Boas tardes. 
Vamos a comezar unha semana máis con enerxía. O traballo para o luns é o seguinte:
LENGUA: lemos o conto "La planta más hermosa" das páxinas 158 e 159 e facemos as actividades da páxina 160.
NATURAIS: Lembrades que o outro día na videochamada falamos dos animais ovíparos e vivíparos? Pois hoxe imos a facer unha ficha sobre iso e tamén vos deixo un xogo para practicar.  

VIDEOCONFERENCIA INGLÉS 2º LUNS 20 A LAS 12:30h

Hello! How are you?

Qué tal a fin de semana? Xa estamos de volta e mañá teremos unha sesión por videoconferencia ás 12:30h. Como sei que tedes outras sesións con outros mestres ao longo da semana, a miña idea a partir de agora é facer unha cada 15 días, sempre en luns e no mesmo horario. O nome da sala será o mesmo: INGLESABANQUEIRO2 pero a maiores pedirávos un contrasinal, xa que está habendo problemas de seguridade, que vos enviarei a través de Abalar.

Como o outro día, necesito que teñades diante o libro, un lapis e unha goma.

A continuación déixovos o audio co vocabulario desta unidade para que podades escoitalo tantas veces como querades, seguide a orde da páxina 48 onde pon "My Week".

AUDIO VOCABULARY UNIT 5: ROUTINES

See you tomorrow!

xoves, 16 de abril de 2020

TAREFAS 2º PARA VENRES 17 ABRIL.

Ola, que tal? 
Vamos a polo traballo do último día desta semana. Ánimo que xa queda menos e estádelo facendo como uns auténticos campións!
LENGUA: vamos a facer as páxinas 126 e 127 para recordar que debemos usar letra maiúscula cando escribimos nomes. Xa sei que o sabedes pero ás veces olvídasevos...
O dictado do exercicio 6 facédeo a bolígrafo nun folio ou libreta. Que volo vaia dictando alguén e vos ides escribíndoo como facemos no cole. 

Déixovos un conto moi faciliño para ler cando rematedes o traballo, pola tarde, na fin de semana ou cando vos apeteza. Despois podedes poñer un comentario para decirme que vos pareceu. 
Rana de tres ojos.


MATE: tedes un xogo para practicar o cálculo. E non vos esquezades da videoconferencia ás 10:15h. 

TAREFAS 1º VENRES 17 ABRIL.

Ola, que tal? Veña ánimo que xa rematamos outra semana máis! E xa me demostrástedes na videochamada que estades traballando e aprendendo un montón. Estou contentísima con vós!
O traballo para mañá venres é o seguinte:
LINGUA: ides a ler a páxina 156 e facer as actividades.
LENGUA: facemos as páxinas 162 e 163 para practicar que os nomes se escriben sempre con letra maiúscula. Xa non podedes fallar niso!


Déixovos tamén un conto para que o leades cando vos apeteza (pola tarde, na fin de semana...). Despois podedes escribir un comentario para contarme que vos pareceu.

ACTIVIDADES INGLÉS 1º VENRES 17

Hi! How are you?

Rematamos outra semana nesta situación de confinamento, pero o estamos facendo xenial.
Vouvos deixar aquí o audio coas palabras do vocabulario que vimos o martes na videoconferencia para que podades poñer tantas veces como queirades. As palabras aparecen na orde da páxina 48 onde di "Activity day".

AUDIO VOCABULARY UNIT 5

Ademais, déixovos por aquí un contiño moi divertido de Peter Pan, está dividido en 2 capítulos, espero que vos guste.

PETER PAN CHAPTER 1               PETER PAN CHAPTER 2

Vémonos o vindeiro martes ás 12:30h na videoconferencia. (Xa resolvín o problema dos audios que non se escoitaban).

See you on Tuesday!

Arancha




mércores, 15 de abril de 2020

RELIXIÓN 1º E 2º.

Aquí tedes o traballo de relixión que vos deixa a profe Dulce para estes días. 

TAREFAS 2º PARA O XOVES 16 DE ABRIL.

Boas tardes a todos.
O traballo para mañá é o seguinte:
LINGUA: tedes que ler o conto "Xeados emocionantes" das páxinas 120 e 121 e despois facer as actividades da páxina 122.
Lembrade que antes de comezar unha actividade, sempre temos que ler o enunciado para saber o que hai que facer.
NATURAIS: hoxe vamos a coñecer as características dos réptiles, anfibios e peixes con esta ficha. Como xa vos dixen onte na videoconferencia, podedes facer as fichas co boli. 
Tamén vos deixo un vídeo sobre estes grupos de animais.

TAREFAS 1º XOVES 16 ABRIL.

Ola chicos e chicas.
Déixovos por aquí as tarefas para mañá.
LENGUA: vamos a facer a páxina 154 onde tedes que elaborar o programa dunha xornada deportiva e a páxina 155 que é o repaso da unidade. 
Recordade que antes de comezar un exercicio, sempre temos que ler o enunciado para saber o que hai que facer. 
NATURAIS: vamos a facer unha ficha para coñecer como se desprazan os animais e como cobren o seu corpo. 

Recordade que nos vemos na videochamada ás 18:15. 

PAPER FLOWERS

Hi everyone!

Empezan a chegar as primeiras fotos das vosas flores de papel. 
E que guapísimos estades tod@s!!!!







Esta é de David Rey  






  






Aquí está a de Ashley

















                          E aquí temos a de Eloy
















Mirade que bonita a de Bruno.






E a de Gabi moi orixinal
















Preciosa tamén a flor de Antón

















Mirade que fermosas lle quedaron tamén a María.









E non digamos a de Damián, que encima coloreouna el, que chulada!










A David gustoulle tanto que fixo dúas, supoño unha lla regalarás á túa irmá pequena, non?








Xián fixo unha combinación de dous cores que tamén lle quedou xenial.





E Uxía escolleu o laranxa e o amarelo para a súa flor, preciosa tamén!! Sodes todos uns artistas












Seguen chegando fotos das vosas flores, mirade que bonita lle quedou a Carla.





E esta é de Luis, que incluso a puxo nunha maceta.

Traballo de sociais para 1º

Boas:
Como estades? Espero que todos ben aínda que algo cansos de estar tanto tempo na casa. Pensade que xa estamos na conta atrás e logo volveredes a saír e a disfrutar coma sempre.
Como empeza o terceiro trimestre vamos continuar traballando en sociais , un pouco diferente de como o facíamos pero non temos outro modo. Vou a enviarvos cada semana unha ficha con actividades. Non vos preocupedes senón podedes imprimilas , o importante é que as leades e vos quededes cos contidos. Na ficha xa indica o que hai que facer, en canto os exercicios podémolos facer orais ou escritos nunha libreta. Déixovos elixir, o que conven ler eses contidos varias veces ao longo da semana para que lembredes o contido.
Un saúdo.

FICHA

VIDEOCONFERENCIA INGLÉS 2º XOVES 16 ÁS 5:30h


Hi again! How are you?

Qué tal foron esas vacacións? Espero que todas e todos sigades estando moi ben.

O xoves ás 5:30 da tarde gustaríame facer unha videoconferencia con vós de 2º, aínda que teríamos clase de inglés o venres, como sei que o profe Antonio xa ten organizado verse con vós, non quero cargarvos con tanta videoconferencia no mesmo día. Para isto necesito que teñades diante o libro de inglés e un lapis e goma, por se acaso. Imos intentar empezar o seguinte tema, a ver se somos capaces.

Empregaremos a mesma aplicación que usades con Laura, https://jitsi.org/jitsi-meet/  e o nome da sala será INGLESABANQUEIRO2.

Vou enviar igualmente unha mensaxe por Abalar para asegurarme de que todos estades informados.

Un saúdo,

Arancha

martes, 14 de abril de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 15 DE ABRIL

As tarefas para mañá mércores son:
LENGUA: ides a ler o conto "El puente del diablo" nas páxinas 122-123 e despois facedes as actividades da páxina 124.
LINGUA: facedes a páxina 123 para lembrar os substantivos propios. 
MATE: páxina 167. E recordade que o venres ás 10:15 volvedes a ter clase.


TAREFAS 1º MÉRCORES 15 DE ABRIL

As tarefas para mañá mércores son as seguintes:
LINGUA: páxinas 154 e 155, onde imos practicar a escritura con boa letra e a repasar gue/gui/güe/güi. Lembrade que temos que poñer os puntiños para que a u soe, se non ten os dous puntiños, a u non se le. 
LENGUA: páxina 153 para repasar o singular (unha cousa soa) e o plural (máis de unha).
E non vos esquezades de ler un pouco.

PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 15

Hello!

Hoxe tráigovos unha sorpresa. A actividade de plástica que vos propoñemos consiste en facer unas flores de papel. Moi atentos ao video que vos deixo, seguro que vos levades unha gran sorpresa.

FLOWERS

Sí, é Esther, a nosa auxiliar de conversa que quedou en Boiro e tamén vos bota moito de menos.
Este sería o resultado:


Unha aperta grande da súa parte e xa sabedes que podedes enviarme o resultado desta actividade ao correo ceipabanqueiro@gmail.com

 See you!!

Tarefas de 1º de matemáticas do 14 ao 17 de abril

Os Cartos


Hoxe saltamos facemos un pequeno salto ata a páxina 166, Tema 12 Os Cartos.

Seguro que lembrades as explicacións e os xogos que fixemos ao longo do curso de comprar e vender.


Martes: Páxina 166.
Mércores: Páxina 167.


As Figuras Planas


Logo saltaremos ao tema 13, Figuras Planas. Aquí vos deixo unhas explicacións:




 


Logo das explicacións faremos o seguinte traballo:

Xoves: Páxinas 178 e 179.
Venres: Páxina 157.



¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

Traballo de sociais 2º de primaria

Boas:
Como vos atopades? Espero que todos esteades ben. Comeza o terceiro trimestre e vamos ir realizando cada semana unha ficha como facíamos antes de que acontecese esta situación.
Non necesitades imprimila, facedes os execercicios nunha libreta ou nun folio e logo se queredes enviarmos podedes facelo a este correo: ceipabanqueiro-5pri@aulaweb.eu. O traballo para esta semana é aprender algo sobre a enerxía.
Coidádevos moito.

FICHA

luns, 13 de abril de 2020

TAREFAS 2º MARTES 14 DE ABRIL.

Ola a todos e todas e benvidos de novo. 
Mañá comezará o 3º trimestre deste curso, pero como aínda non podemos ir ao colexio seguiremos traballando nas nosas casas. Asique recargade ben as pilas que empezamos!
Para mañá tedes que facer as seguintes actividades:
LENGUA: facemos a páxina 118 (poema) e a 119 (actividades de repaso, o 3 non se fai).
LINGUA: facemos a páxina 116 (poema) e a 117 (repaso, o 4 non se fai).

MATE: tedes que facer a páxina 166 e os que poidades ás 10:15 tedes unha videoconferencia en Jitsi co profe Antonio. O nome da sala é clasedemate.

Vémonos na videoconferencia ás 18:15 horas.

TAREFAS 1º MARTES 14 DE ABRIL.

Ola a todos e todas e benvidos de novo. 
Mañá imos comezar o 3º trimestre pero de momento temos que seguir traballando na casa, asique espero que recargárades ben as pilas durante esta semana de vacacións. 
Mañá tedes que ler o conto de LINGUA  "O traxe novo do rei" das páxinas 150 e 151 e facer as actividades de comprensión das páxinas 152 e 153.
Ánimo!

VIDEOCONFERENCIA INGLÉS 1º MARTES 14 ÁS 12:30h

Hi again! How are you?

Qué tal foron esas vacacións? Espero que todas e todos sigades estando moi ben.

O martes gustaríame facer unha videoconferencia con vós de 1º, xa que teríamos clase de inglés. Para isto necesito que teñades diante o libro de inglés e un lapis e goma, por se acaso. Imos intentar empezar o seguinte tema, a ver se somos capaces.

Empregaremos a mesma aplicación que usastes con Laura, https://jitsi.org/jitsi-meet/  e o nome da sala será INGLESABANQUEIRO1.

Vou enviar igualmente unha mensaxe por Abalar para asegurarme de que todos estades informados.

Un saúdo,

Arancha




venres, 10 de abril de 2020

APP INGLÉS: PUPITRE

Good morning!

Que tal estades? Como levades estas vacacións? Un pouco raras, non? 

Bueno, hoxe tráigovos unha aplicación que podedes descargar na tablet se queredes, seguimos de vacacións e polo tanto esta actividade é VOLUNTARIA. Esta app chámase PUPITRE, así podédela buscar no App Store de Apple ou no Play Store de Android e pona á vosa disposición a editorial Santillana.

Os contidos están clasificados por idades e materias, polo que vós deberíades ir á sección de 6 a 8 anos e escoller o apartado de inglés.

Está ben para pasar un ratiño pero xa sabedes que non podemos abusar do uso das tablets.

Unha aperta enorme,

Arancha

xoves, 9 de abril de 2020

HAPPY BIRTHDAY TO GABI AND DAVID G

Good morning!

Hoxe está de aniversario Gabi e o domingo pasado día 5 estivo David G, así que ..... HAPPY BIRTHDAY!!

Ímoslles cantar unha canción: (premede no seguinte enlace)

Happy birthday song

Vémonos a semana que ven! Unha aperta grande!

mércores, 8 de abril de 2020

PARA ENTRETERVOS UN POUCO.

Ola chicos e chicas. 
Que tal de vacacións? Un pouco raras, verdade?
Vouvos a deixar algunhas cousiñas por se vos apetece pasar un pouco o tempo. Son voluntarias, o que non queira non ten que facelas.

luns, 6 de abril de 2020

CONTOS EN INGLÉS PARA 1º E 2º

Hello!! How are you?

Xa sei que esta semana estamos de vacacións de Pascua, non me esquecín, eh! Pero por se a algún de vós lle apetece ver algún dos contos de Macmillan, déixovos por aquí os enlaces directos, por suposto é VOLUNTARIO, so tedes que clicar enriba do título:

The Moon in the River


Mr Crocodile's Toothbrush


Monkey Puzzle


Peace at Last


Que disfrutedes das vacacións! Vémonos a vindeira semana.

domingo, 5 de abril de 2020

xoves, 2 de abril de 2020

TAREFAS 2º VENRES 3 DE ABRIL.

Boas tardes a todos. 
Para mañá venres tedes que facer as páxinas 116 e 117 de LENGUA onde vos ides a convertir en periodistas e escribir unha noticia.
Nas noticias sempre temos que contar os seguintes apartados:
- Que pasou?
- Onde?
- Cando?
- Quen participou?
Primeiro tedes que ler a noticia do exercicio 1 e facer as actividades, xa que vos serve de exemplo para despois facer a vosa noticia no exercicio 3. Non a tedes que inventar, tan só tedes que redactala coa información que vos dan. E se alguén queda con gana de traballar, pode inventar unha noticia despois.  
O exercicio 4 non o tedes que facer.

E cando rematedes todo isto xa estaredes de vacacións de Semana Santa, polo que ata o día 14 non vos volverei a poñer tarefas. Pero como vos dixen na videochamada tedes que seguir lendo un pouco cada día e tamén podedes mirar o blog algunha vez xa que intentarei poñervos algún xogo ou manualidade para entretervos.

Nota importante: a conexión en Jitsi co profe Antonio será ás 12:30.