domingo, 31 de maio de 2020

Actividade de 1º de Matemáticas do 1 ao 5 de xuño

Co gallo de que entramos en xuño e os alumnos/as están bastante cansos (sobre todo con tan bo tempo) imos baixar algo o ritmo de traballo.
Aquí vos deixo o traballo ata o 5 de xuño.
Establezo días pero podedes, como xa sabedes, facelo cando poidades.

Repaso do Tema 13


Hoxe comenzamos o repaso do tema 13.
  • Luns: páxina 188. Atentos aos días.
  • Mércores: páxina 189.

Tema 14


Isto xa o graballamos no primeiro trimestre, polo que pode que non vos lembredes. Fixádevos ben nas imaxes e nomes.
  • Venres: páxina 200.

Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

TAREFAS 2º LUNS 1 XUÑO

Boas tardes.
A tarefa para luns é facer as páxinas 170 (só o exercicio 1)  e 171 ( o exercicio 4 non se fai) de LINGUA onde imos a traballar cun poema e facer o repaso da unidade. 

De MATE tedes un xogo de cálculo mental.

Ánimo que mañá xa comeza o mes de xuño e cole xa vai rematar en nada!

TAREFAS 1º LUNS 1 XUÑO

Boas tardes.
O traballo para o luns é facer as páxinas 196 e 197 de LINGUA onde imos a cubrir unha ficha sobre unha planta e facer o repaso da unidade.

Ánimo que mañá xa comeza o mes de xuño e o curso vai acabar prontiño!

ACTIVIDADES INGLÉS 1º e 2º LUNS e MARTES 1 e 2 de XUÑO

Good morning!

Cómo imos chic@s? Ánimo que xa queda menos.

Hoxe imos repasar os días da semana. Por unha banda déxovos unha canción de repaso:

DAYS OF THE WEEK SONG

e agora ides facer uns exercicios interactivos para repasasalos. Para que vos funcione o enlace vaivos preguntar se permitides o Adobe Flash Player e debedes dicir que sí.

LIM DAYS OF THE WEEK

Espero que vos guste.

xoves, 28 de maio de 2020

TAREFAS 2º VENRES 29 MAIO.

Boas tardes.
Mañá venres imos a confeccionar un cartel seguindo os pasos das páxinas 168 e 169 de LENGUA. Fixádevos ben no exercicio 3 que xa vos pon os apartados que ten que ter o voso cartel (recordade que tamén os dixemos na videochamada). Sacade a vosa creatividade e facede un estupendo cartel.

Tamén vos deixo un conto por se vos apetece lelo na fin de semana.

Pasade unha moi boa fin de semana!

TAREFAS 1º VENRES 29 MAIO

Boas tardes.
Para venres temos que facer as páxinas 198 e 199 de LENGUA para recordar que diante de p se escribe m (mp) e para practicar a escritura. 
Tamén vos deixo un conto por se vos apetece lelo durante a fin de semana.

Pasade unha moi boa fin de semana!

ACTIVIDADES INGLÉS 1º e 2º VENRES 29

Good morning! How are you?

O conto de hoxe vai sobre un pequeno caimán chamado Snappsy. Espero que vos guste:

SNAPPSY THE ALLIGATOR

See you later, alligator!

mércores, 27 de maio de 2020

TAREFAS 2º XOVES 28 MAIO.

Ola a todos/as.
Mañá imos a facer traballo de LINGUA. Faremos as páxinas 168 e 169 para elaborar carteis con mensaxes medioabientais. 
Ánimo que xa está rematando a semana!

TAREFAS 1º XOVES 28 MAIO

Ola a todos.
O traballo para o xoves é de LENGUA. Imos a ler o conto "Olimpia y las cabras" das páxinas 194 e 195 e facer as actividades de comprensión da páxina 196.
Ánimo que xa está rematando a semana!

ACTVIDADE PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 27



Hello again!

Esta semana temos unha actividade moi especial, e é que se trata dun concurso de retratos! A Portrait Contest!



Imos aprender a facer un auto-retrato, así que mirade ben este vídeo-titorial que vos deixo aquí para aprender a facer un retrato sinxelo:


Tedes dúas semanas de prazo para acabar os vosos self-portraits e envialos ao correo de sempre. Despois, as profesoras escolleremos a 3 gañadores/as que recibirán un premio sorpresa. Xa explicaremos máis adiante como recoller o premio. Sabemos que non é fácil debuxar un retrato, por iso deixámosvos dúas semanas, para que practiquedes e o fagades con calma e enviedes o voso mellor debuxo. A paciencia é moi importante na arte!
Good luck and enjoy!

* Nota: se usades acuarela, é millor usar un papel especial para acuarelas, ou cartulina branca. Se non tedes, tentade non empapar moito o pincel para non romper o papel. Pintade co que vos resulte máis cómodo.


martes, 26 de maio de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 27 MAIO

Boas e calurosas tardes a todos/as.
Para mañá temos que facer as páxinas 166 e 167 de LENGUA para recordar o uso da coma. 
Non vos esquezades de facer boa letra nin de ler un pouco cada día. 

TAREFAS 1º MÉRCORES 27 MAIO

Boas e calurosas tardes a todos/as.
Mañá temos que facer as páxinas 190 e 191 de LENGUA.
Non vos esquezades de facer boa letra e de ler un pouco cada día. 

Traballo de sociais para 2º , semana do 25 ao 29 de maio

Ola:
Como estades? Agora máis animados con este tempo. Para esta semana fíxenvos unha ficha de repaso.
Espero que vos guste.
Ánimo.

FICHA 

luns, 25 de maio de 2020

DRAWING HANDS

Good morning!

Qué tal vos foi coa activdade de plástica desta semana? Empezan a chegar cousas moi chulas:

Este fíxoo David Rey:


Estes fíxoos Damían:





Estes fíxoos Xián:


 
Estes son de Sarai:





 Estos son de Eloy






   
     Este fíxoo Ashley
















Estos fíxoos David González







                                           Estos son de Uxía




TAREFAS 2º MARTES 26 MAIO.

Boas tardes.
As tarefas do martes son:
LENGUA: facemos a páxina 165 para practicar os verbos.
LINGUA: facemos as páxinas 166 e 167 para traballar as palabras con x. 


TAREFAS 1º MARTES 26 MAIO.

Boas tardes.
Mañá martes imos a facer as páxinas 192 e 193 de LINGUA. Nelas practicaremos a escritura e recordaremos que diante de b sempre se escribe m (mb). 

TRABALLO DE SOCIAIS 1º , PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Ola:
Como estades? Espero que todos ben. Esta semana vamos repasar contidos que estivemos estudiando.
Espero que vos guste a ficha que vos fixen .
Moito ánimo.

FICHA

RELIXIÓN 1º E 2º.

Aquí tedes o traballo de relixión para esta semana.

domingo, 24 de maio de 2020

Actividades de 1º de matemáticas do 25 ata o 29 de maio

Hoxe deixovos o traballo ata o 29 de maio.

Números ata o 99

Hoxe imos ao tema 14.

Luns: Páxina 198. Fixádevos ben se son sumas ou restas.
Mates: Páxina 199.


Os Cartos


Hoxe volvemos a repasar o conteo de cartos, no vaia ser que nos esquecemos.


Mércores: Páxina 185.


O Calendario


Este tema non o chegamos a traballar en clase.

Xoves: Páxina 186. Aprendemos os meses. Xogo de práctica (Xogo Celebriti)
Venres: Páxina 187.


Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

TAREFAS 2º LUNS 25 MAIO.

Benvidos/as a última semana do mes de maio.
Para comezar a semana imos a facer as seguintes tarefas:
LINGUA: facemos a páxina 165 para traballar os verbos en presente. Lembrádesvos que na última videochamada estivemos practicando o pasado, presente e futuro?
Tamén vos deixo un xogo por se queredes practicar.
NATURAIS: vamos a rematar o tema das plantas facendo esta ficha para coñecer como é o seu ciclo de vida. 

Na ficha hai un enlace a un vídeo. Deixóvolo aquí tamén por se non sodes capaces de acceder dende a ficha. 
MATE: tedes que facer a páxina 191 e o exercicio 1 da páxina 193. Tamén tedes un xogo para practicar os polígonos ao largo de toda a semana. Nesa mesma páxina web hai xogos das tablas de multiplicar, de sumas e de restas por se vos apetece facelos. 

TAREFAS 1º LUNS 25 MAIO.

Benvidos/as unha semana máis.
As tarefas para o primeiro día desta semana tan calurosa son:
LINGUA: facemos a páxina 185 para traballar o suxeito  das oracións. Un truco para averiguar cal é o suxeito é preguntar "quen". Por exemplo na oración Xoán vai á praia, preguntamos "quen vai á praia?". Xa me contaredes que tal vos saiu.  
NATURAIS: vamos a rematar o tema das plantas facendo unha ficha sobre as plantas silvestres e cultivadas. 

ACTIVIDADES INGLÉS 1º e 2º LUNS e MARTES 25 e 26

Hello! How are you?

A semana pasada fixemos moito exercicio co Workout, pois hoxe toca relaxarnos un pouco facendo unha sesión de Yoga onde aprenderemos distintas poses dos animais que se empregan nas clases de Yoga. Espero que vos guste:

YOGA FOR CHILDREN: AQUATIC ANIMAL POSES

Enjoy!


xoves, 21 de maio de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 22

Good morning!

Qué tal? Cómo estades? Fixestes moito exercicio o martes co Workout? Sí, verdade?

Hoxe déixovos un conto onde ides repasar a comida. Titúlase "Dinner Time", acordádevos en que momento do día se toma a "Dinner"? Exacto, na cea. Espero que vos guste:

Dinner Time

See you next week!

TAREFAS 2º VENRES 22 MAIO

Boas tardes.
Para rematar esta semana imos a traballar LENGUA. Temos que ler o conto "Una gran obra" nas páxinas 162 e 163 e facer as actividades da páxina 164.
Pasade unha boa fin de semana.

TAREFAS 1º VENRES 22 MAIO

Boas tardes.
O traballo para mañá de LINGUA é ler o conto "Unha cenoria moi grande" nas páxinas 188 e 189 e facer as actividades da páxina 190.
Pasade unha boa fin de semana!

mércores, 20 de maio de 2020

TAREFAS 1º XOVES 21 MAIO

Boas tardes.
Para mañá xoves temos que facer o seguinte traballo.
LENGUA: lemos a páxina 188 ( sen facer os exercicios) e facemos a páxina 189.
NATURAIS: vamos a facer unha ficha para coñecer os tipos de follas que hai. 

TAREFAS 2º XOVES 21 MAIO

Boas tardes.
O traballo para xoves é o seguinte:
LENGUA: facemos o repaso da unidade na páxina 159. O exercicio 3A é voluntario.
NATURAIS: vamos a facer a ficha das plantas silvestres e cultivadas que xa explicamos na videochamada. 

ACTIVIDADE PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 20


Hello everybody!

Para a actividade de plástica desta semana, temos de novo un vídeo da estupenda Esther. She is amazing! Neste tutorial aprenderemos algúns trucos para facer debuxos sinxelos utilizando as nosas mans, e así poder facer cousas tan chulas como estas:



We will use our hands as a tool! A funny trick. Watch the video:


Podedes utilizar lapis, ceras, rotuladores, e facer un ou varios dos deseños que nos amosa Esther no vídeo! By the way... ocórresevos algún outro truco? Podedes ensinárnolo!
Enjoy it!


martes, 19 de maio de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 20 MAIO

Boas tardes.
O traballo para mañá é o seguinte:
LENGUA: facemos a páxina 153 para traballar os pronomes persoais (yo, tu, él, nosotros...). Lembrades que xa os traballaramos en lingua galega?
LINGUA: lemos o conto "Un frasco de perfume" das páxinas 162 e 163 e facemos as actividades da páxina 164 (o exercicio 5 non fai falta facelo). 

MATE: páxina 194.

TAREFAS 1º MÉRCORES 20 MAIO

Boas tardes.
Mañá temos traballo de LENGUA. Imos facer a páxina 186 para aprender que diante de b sempre se escribe m (mb) e a páxina 187 onde teremos que escribir comparacións sobre animais.
Lembrade facer boa letra!

TRABALLO DE SOCIAIS 2º PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Ola :
Como vos vai? Co bo tempo costa un pouquiño traballar pero vós sodes moi responsables e sabedes organizarvos ben. Eu intento axustar a clase as circunstancias nas que nos atopamos.

FICHA

luns, 18 de maio de 2020

TAREFAS 2º MARTES 19 MAIO.

Boas tardes.
Para mañá imos a facer as páxinas 154 e 155 de LENGUA para lembrarnos que br e bl sempre se escribe con b
Despois ledes un pouco. 

TAREFAS 1º MARTES 19 MAIO.

Boas tardes.
Para mañá imos a facer a páxina 185 de LINGUA para repasar a unidade.
Despois ledes outra vez a ficha de naturais de onte para non esquecervos dos cambios estacionais. 

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º MARTES 19

Hello again! How are you?

Como lles comentei aos vosos pais a partir de agora non teremos sesións de inglés por videoconferencia, polo que a dinámica das actividades vai cambiar un pouco. Estarán máis enfocadas hacia o xogo e recursos online pero eu seguirei vendo o voso progreso sen necesidade de que me enviedes o traballo por correo electrónico, deste xeito, libero aos vosos pais de ter que estar pendentes de imprimir, fotografiar e enviar. 

Preparádevos que imos comenzar, espero que teñades as vosas zapatillas de deporte postas porque as ides necesitar.

Are you ready? Imos facer unha sesión de entrenamento.

Alá vamos!


Que tal vos foi? 

SPRING FLOWERS

Hello everyone!

Ás profes encantáronnos as vosas fotografías de primavera, moitas grazas ás familias pola vosa incansable colaboración.

E velaquí vos deixo a galería de imaxes:

Esta é de Luís:


Estas fíxoas Sarai:




Esta fíxoa David Rey:




Estas dúas fíxoas Damián:




Esta é a composición de Gabi:



Estas son as imaxes de David González:




Esta é a obra de Antón:


Esta composición é de María:



Esta é de Uxía:



Esta é a de Ashley:



Esta fíxoa Eloy:



Xián envíanos esta recopilación de fotos:


 
 




TRABALLO DE SOCIAIS 1º SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Ola chicas/os:
Como vos vai ? Agora co bo tempo costa un pouquiño traballar pero se vos organizades podedes facer todo. Eu xa vos intento facer a clase o máis sinxela que podo dentro das circunstancias nas que nos atopamos.
Un biquiño para todos.

FICHA

TRABALLO RELIXIÓN 1º E 2º.

Aquí tedes o traballo de relixión para esta semana.

domingo, 17 de maio de 2020

Tarefas de 1º de Matemáticas do 18 ao 22 de maio.

Hoxe deixovos o traballo ata o 22 de maio.

Números ata o 99

Hoxe imos ao tema 14.

Luns: Páxina 196.
Mates: Páxina 197. No exercio 13 tedes que calcular varios totais, polo tanto debedes facer os cálculos en horizontal e en vertical para saber: cantos grandes, cantos pequenos, cantos vermellos...


Os Cartos


Hoxe volvemos a repasar o conteo de cartos, no vaia ser que nos esquecemos.


Mércores: Páxina 174.
Xoves: Páxina 175.
Venres: Páxina 184.


Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

TAREFAS 2º LUNS 18 MAIO.

Que tal de fin de semana? Espero que o pasarades moi ben.
Vamos a comezar unha semana máis coas pilas ben cargadas. Este é o traballo para o luns:
LINGUA: ides a facer o repaso da unidade que aparece na páxina 159 (o exercicio 4 non hai que facelo).
NATURAIS: facemos unha ficha para coñecer os tipos de plantas e follas que existen. Lembrade facela con boli. 

TAREFAS 1º LUNS 18 MAIO.

Ola a todos/as. Que tal de fin de semana? Espero que o pasarades moi ben.
Vamos a comezar unha semaniña máis e o traballo para o luns é o seguinte:
LINGUA: ides a escribir unha noticia sobre un animal na páxina 184.
NATURAIS: vamos a estudar cómo cambian as plantas segundo as estacións con esta ficha

ACTIVIDADES INGLÉS 2º LUNS 17

Hello again! How are you?

O pasado 14 de maio foi o cumpleanos de Bruno, así que empezamos o día cantándolle Happy birthday! Clicade no seguinte enlace ver o vídeo:

HAPPY BIRTHDAY BRUNO!


O traballo de hoxe consistirá en completar a páxina 56 do voso libro. 
- Stage 1: Unha vez completadas as columnas pegades as pegatinas que están ao final do libro (Unit 5).
- Stage 2: Fixádevos nos días da semana e no que fan os nenos para completar o exercicio.

Have a good day!

sábado, 16 de maio de 2020

VÍDEO LETRAS GALEGAS.

Neste enlace podedes ver o vídeo conmemorativo do día das Letras Galegas que nos serve tamén para rendirlle unha pequena homenaxe, nestes tempos difíciles, a todos os nosos maiores.
Familias, unha vez máis, moitísimas grazas pola vosa colaboración!!!

xoves, 14 de maio de 2020

TAREFAS 2º VENRES 15 MAIO.

Boas tardes.
Para rematar a semana vamos a facer LENGUA. Faremos as páxinas 156 e 157 (o exercicio 5 non se fai) onde temos que escribir un diálogo teatral. Xa temos falado disto e lido algún no cole. Lembrade que nos diálogos aparece ao principio o nome da personaxe que fala ou este signo -. 


Sabedes que se celebra este domingo 17 de maio? O día das LETRAS GALEGAS, que este ano se adica a Ricardo Carvalho Calero. Dada a situación que estamos vivindo por culpa do coronavirus, a Real Academia Galega decidiu retrasar a celebración para o 31 de outubro (así xa o poderemos traballar ben no cole), pero se queredes ir coñecendo ao homenaxeado podedes mirar uns vídeos que o Equipo de Normalización da Lingua Galega deixou na web do cole. 
E tamén vos deixo un conto, en lingua galega, por se vos apetece lelo esta fin de semana.

TAREFAS 1º VENRES 15 MAIO.

Boas tardes.
Vamos a polo último día de traballo desta semana.
LINGUA: facemos a páxina 183 para traballar os tempos verbais (antes, ahora, despois). Lembrádesvos que falamos disto na videoconferencia?
LENGUA: lemos o conto "El gallo Cantaclaro" das páxinas 182 e 183 e facemos as actividades da páxina 184. 

Sabedes que se celebra este domingo 17 de maio? O día das LETRAS GALEGAS, que este ano se adica a Ricardo Carvalho Calero. Dada a situación que estamos vivindo por culpa do coronavirus, a Real Academia Galega decidiu retrasar a celebración para o 31 de outubro (así xa o poderemos traballar ben no cole), pero se queredes ir coñecendo ao homenaxeado podedes mirar uns vídeos que o Equipo de Normalización da Lingua Galega deixou na web do cole. 
E tamén vos deixo un conto, en lingua galega, por se vos apetece lelo esta fin de semana.

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 15

Hello! How are you?

Para hoxe tráigovos un conto moi divertido, vai dun xigante. Espero que vos guste, titúlase The Smartest Giant In Town, que significa O Xigante máis intelixente na cidade.

Aquí tedes o enlace para ver o conto:

The Smartest Giant In Town

Tamén vos deixo unha canción sobre o conto:

The Smartest Giant In Town Song

E por último, déixovos a ficha de traballo:

The Smartest Giant Worksheet

Enjoy the weekend! Que pasedes unha boa fin de semana!

mércores, 13 de maio de 2020

TAREFAS 2º XOVES 14 MAIO.

Ola a todos e todas.
O traballo para mañá é o seguinte:
LINGUA: ides a escribir unha noticia para a revista da escola. Aparece nas páxinas 156 e 157. Prestade atención, sobre todo, ao exercicio 3 que xa vos indica os pasos a seguir. E non vos esquezades de facer boa letra e poñer puntos e maiúsculas.
NATURAIS: como xa vos dixen na videochamada imos a comezar o tema das plantas. Vamos a facer esta ficha sobre as partes das plantas e as súas funcións. Lembrade facela con boli. 
Prestade atención ao que facedes porque o traballo de hoxe xa o explicamos na videoconferencia, asique tenvos que saír moi ben. Ánimo!

MATE: páxina 189.

TAREFAS 1º XOVES 14 MAIO.

Benvidos/as un día máis.
O traballo para mañá é o seguinte:
LENGUA: facemos o repaso da unidade na páxina 179.
NATURAIS: vamos a traballar o tema das plantas. Comezaremos estudando as partes das plantas con esta ficha

martes, 12 de maio de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 13 MAIO.

Boas tardes.
As tarefas para mañá son:
LENGUA: lemos o conto "El perro del vecino" nas páxinas 150 e 151 e facemos os exercicios de comprensión da páxina 152.
LINGUA: repasamos os adxectivos facendo as actividades da páxina 153.

Ánimo que estades traballando moi ben!

TAREFAS 1º MÉRCORES 13 MAIO.

Boas tardes.
As tarefas para mañá son:
LENGUA: vamos a escribir un anuncio dun animal perdido (páxina 178).
LINGUA: lemos a páxina 182 sobre as bolboretas (os exercicios non se fan). 

ACTIVIDADES PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 13


Let's dress our web with flowers!!

Hello again!

How are you doing? 

Para esta semana imos traballar algo de fotografía, spring photography! O que quere dicir que imos fotografiar a primavera: flores, prantas, cores alegres... Xa que agora podemos ir de paseo, e de momento acompáñanos o bo tempo, aproveitaremos para practicar un pouco de fotografía buscando elementos da natureza presentes na primavera:


Pediremos prestado un teléfono móbil (ou unha cámara dixital; o que vos resulte máis cómodo xa que logo temos que enviar as fotos por correo) e exploraremos os arredores das vosas casas e xardíns para experimentar coa fotografía. 


Be creative! Animádevos e traballade a vosa creatividade! Planos orixinais, zoom, mesturar persoas+natureza, animais+natureza... e se sodes mañosos e sabedes de aplicacións do móbil, incluso unha montaxe como esta!:




Of course, podedes pedirlle axuda a un adulto se tedes dificultades facendo as fotos.

You have to pick two pictures and send them to my email.
Logo, escollede dúas fotos, as que máis vos gusten, para envialas ó meu email.

Enjoy it!


TRABALLO DE SOCIAIS 2º PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Ola:
Como vos vai? Estades traballando moito, seguide así. Esta semana déixovos conceptos novos. Espero que vos gusten.
Un saúdo.

FICHA

luns, 11 de maio de 2020

TAREFAS 2º MARTES 12 MAIO.

Boas tardes.
Para mañá temos que facer as seguintes actividades:
LINGUA: facemos as páxinas 154 e 155 para recordar que br e bl sempre se escriben con b.
LENGUA: facemos a páxina 147 para repasar a unidade. O exercicio 5 non hai que facelo. 

TAREFAS 1º MARTES 12 MAIO.

Boas tardes.
Para mañá martes temos traballo de LINGUA. Imos a facer a páxina 180 para practicar a escritura e a 181 para recordar que cando comezamos a escribir e despois dun punto temos que poñer letra maiúscula. O ditado é voluntario.

ACTIVIDADES INGLÉS 1º MARTES 12

Good morning! How are you?

O traballo de hoxe consistirá en completar a páxina 56 do voso libro. 
- Stage 1: Fixádevos que na columna da esquerda tedes que poñer as actividades que empregan eses obxectos que vos aparecen debuxados e na da dereita non. Unha vez completadas as columnas pegades as pegatinas que están ao final do libro (Unit 5).
- Stage 2: Fixádevos nos debuxos dos nenos e completade en función de si poden facer ou non esas actividades. Recordade:
 I can = Eu podo
 I can't = Eu non podo
 Can you...? = Podes ti...?

See you!

TRABALLO DE SOCIAIS 1º PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Boas:
 Que tal? Gustouvos o vídeo que vos puxen? Esta semana seguimos avanzando con conceptos novos. Traballade como o estades facendo.
Un saúdo.

FICHA

RELIXIÓN 1º E 2º

Aquí tedes o traballo de relixión para esta semana:

domingo, 10 de maio de 2020

Tarefas de 1º de Matemáticas do 11 ao 15 de maio

Hoxe deixovos o traballo ata o 15 de maio.

Números ata o 99

Hoxe imos ao tema 14.

Luns: Páxina 192.
Mates: Páxina 194.
Mércores: Páxina 193.

O Reloxo


Hoxe imos a darlle un repaso á lectura de horas.


Xoves: Páxina 172.
Venres: Páxina 173.


Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

TAREFAS 2º LUNS 11 DE MAIO.

Benvidos/as unha semana máis ao cole a distancia.
Para comezar a semana imos a facer o seguinte traballo.
LINGUA: lemos o conto "Os carteis misteriosos" das páxinas 150 e 151 e facemos as actividades de comprensión da páxina 152 (o 5 non é necesario facelo).
NATURAIS: vamos a facer unha ficha para traballar as cadeas alimentarias. Lembrádesvos que falamos delas na última videochamada? Recordade que as fichas as facemos con boli.

MATEMÁTICAS: tedes que facer esta ficha de control. Díxome o profe Antonio que a fixerades sen axuda e que se vos resulta moi longa que a podedes repartir entre o luns e o martes. 

TAREFAS 1º LUNS 11 MAIO.

Benvidos/as unha semana máis.
Para comezar a semana temos as seguintes tarefas:
LINGUA: vamos a ler o conto "As tres cabras" nas páxinas 176 e 177 e facer as actividades de comprensión da páxina 178.
NATURAIS: nun folio ides a facer un mural cos 5 grupos de animais vertebrados (mamíferos, aves, peixes, anfibios e réptiles). Tedes que escribir o nome dos grupos e debuxar un animal de cada tipo. 


VIDEOCONFERENCIA INGLÉS 2º LUNS 11 ÁS 12:30h


Hello! How are you?

Qué tal a fin de semana? Xa estamos de volta e mañá teremos unha sesión por videoconferencia ás 12:30h. O nome da sala será o mesmo: INGLESABANQUEIRO2 e o contrasinal enviareino por Abalar.

Como sempre, necesito que teñades diante o libro, un lapis e unha goma.

See you tomorrow!

xoves, 7 de maio de 2020

TAREFAS 2º VENRES 8 DE MAIO.

Ola a todos e todas.
Para mañá venres imos a facer as páxinas 144 e 145 de LENGUA. Nelas imos a aprender a escribir unha carta. Fixádevos que teñen que ter lugar e data, saúdo, texto, despedida e firma. 
O último exercicio que pon "en tu cuaderno" non o hai que facer.
Non vos esquezades de facer boa letra, poñer puntos e pensar o que ides a poñer antes de comezar a escribir. 

TAREFAS 1º VENRES 8 MAIO

Ola a todos e todas.
Vamos a polo traballo do último día desta semana. Ánimo!
LINGUA: vamos a facer o repaso da unidade na páxina 173.
LENGUA: seguimos cos verbos e facemos a páxina 177.

E non vos esquezades de seguir lendo un pouco cada día. 

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 8

Good morning! How are you?

Hoxe déixovos un conto que nos mostra como debemos valorar as cousas que temos porque poderíamos estar peor. 

O conto titúlase: A Squash and a Squeeze e significa algo así como moi pequeno e apretuxado, neste caso refírese á casa que ten a señora protagonista da historia.

Déixovos aquí o conto: (clicade no título)

A SQUASH AND A SQUEEZE STORY

E aquí tedes os exercicios sobre o conto, se non sodes capaces de completar todas as frases non vos preocupedes, facede o que poidades e estará ben feito.

A Squash and Squeeze Worksheet

OCTOPUS BOOKMARK

Empezan a chegar as primeiras fotos dos vosos marcapáxinas. Sodes todos uns artistas!

Este tan chulo xa vedes que o fixo Uxía:



Mirade qué chulo lle quedou a Natán.



Este tan chulo fíxoo Ashley



Este é o de Carla


Este é o de David Rey


Este fíxoo Sarai


Este envíanolo Xián



Mirade que bonito lle quedou a Antón



Este tan chulo fíxoo Damián


E estos fíxoos David González




mércores, 6 de maio de 2020

TAREFAS 2º XOVES 7 MAIO

Boas tardes.
O traballo para mañá xoves é o seguinte:
LENGUA: vamos a facer as páxinas 142 e 143 (o exercicio 7 non se fai) para recordar que antes de p e b se escribe m (mp/mb).
NATURAIS: como xa explicamos na videoconferencia, vamos a facer a ficha sobre os ecosistemas terrestres e acuáticos. Tamén vos deixo un vídeo

TAREFAS 1º XOVES 7 MAIO

Boas tardes.
O traballo para mañá xoves é o seguinte:
LENGUA: vamos a describir animais. Para iso debedes facer o exercicio 1 da páxina 175 e esta ficha.
NATURAIS: vamos a repasar todo o que aprendemos dos animais vertebrados con esta ficha

martes, 5 de maio de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 6 MAIO.

Boas tardes.
Para mañá temos traballo de LENGUA. Imos a facer a páxina 141 para traballar os adxectivos, que son palabras que se usan para dicir como son ou como están as persoas, as cousas ou os animais. 
Despois faremos esta ficha. O exercicio 1 hai que facelo con bolígrafo. Moito coidado coa letra e coas faltas de ortografía e non vos esquezades dos puntos e das maiúsculas. 

TAREFAS 1º MÉRCORES 6 MAIO.

Boas tardes.
O traballo para mañá é o seguinte:
LINGUA: facemos a páxina 171 para seguir traballando os verbos.  
LENGUA: facemos a páxina 174 para seguir practicando o uso da maiúscula. 

Lembrade facer boa letra e copiar sen fallos.

PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 6

Hello!

Hoxe propoñémosvos facer un Octopus Bookmark, un marcapáxinas de pulpo.



Todo o que necesitades é un folio. Esther vos explica paso a paso como facelo neste tutorial:

OCTOPUS BOOKMARK TUTORIAL

Enjoy!

TRABALLO DE SOCIAIS 2º PARA A SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Boas:
Que tal de fin de semana? Espero que disfrutárades moito.
Este é o traballo para esta semana.
Ánimo que estades traballando moi ben.


FICHA

TRABALLO DE SOCIAIS 1º PARA A SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Boas:
Que tal de fin de semana? Espero que disfrutárades moito.
Este é o traballo para esta semana, ademais da ficha déixovos un vídeo para que o vexades.
Ánimo que estades traballando moi ben.


FICHA

VÍDEO

Tarefas de 1º de Matemáticas do 5 ao 8 de maio

Hoxe deixovos o traballo ata o 8 de maio.

A Suma

Volvemos ao tema 11.

Mates: Páxina 162.
Mércores: Páxina 163.

Os Cartos


Hoxe imos ata o Tema 12 Os Cartos.


Xoves: Páxina 171.


As Figuras Planas: Polígonos


Hoxe faremos un breve repaso da simetría.



Venres: Páxina 183.



¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

luns, 4 de maio de 2020

TAREFAS 2º MARTES 5 MAIO.

Ola a todos/as. Que tal o pasástedes nesta fin de semana tan longa? Espero que moi ben.
Vamos a comezar unha semana máis con moita enerxía. O traballo para o martes é o seguinte:
LENGUA: lemos o conto "El lago de las aguas heladas" das páxinas 138 e 139 e facemos as actividades da páxina 140 (o exercicio 5 non se fai).
LINGUA: facemos o repaso da unidade na páxina 147 (a actividade 4 non se fai). 

TAREFAS 1º MARTES 5 MAIO.

Ola de novo. Que tal o pasástedes durante esta fin de semana tan longa? Espero que a disfrutárades moito.
Vamos a comezar outra semaniña con traballo de LINGUA. Imos a facer a páxina 172 onde tedes que escribir unha excursión que fixerades a un acuario (se non fóstedes nunca, podedes inventar a información).
Despois imos a facer unha ficha para repasar o uso do C/Z. 

VIDEOCONFERENCIA INGLÉS 1º MARTES ÁS 12:30h


Good morning! How are you?

Xa estamos de volta e mañá teremos unha sesión por videoconferencia ás 12:30h. O nome da sala será o mesmo: INGLESABANQUEIRO1 e o contrasinal enviaréivolo a través de Abalar.

Como sempre, necesito que teñades diante o libro, un lapis e unha goma.

See you tomorrow!