domingo, 31 de maio de 2020

Actividade de 1º de Matemáticas do 1 ao 5 de xuño

Co gallo de que entramos en xuño e os alumnos/as están bastante cansos (sobre todo con tan bo tempo) imos baixar algo o ritmo de traballo.
Aquí vos deixo o traballo ata o 5 de xuño.
Establezo días pero podedes, como xa sabedes, facelo cando poidades.

Repaso do Tema 13


Hoxe comenzamos o repaso do tema 13.
  • Luns: páxina 188. Atentos aos días.
  • Mércores: páxina 189.

Tema 14


Isto xa o graballamos no primeiro trimestre, polo que pode que non vos lembredes. Fixádevos ben nas imaxes e nomes.
  • Venres: páxina 200.

Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario