sábado, 20 de xuño de 2020

POSTAIS.

Aquí vos deixo as postais que vos escriben os vosos compañeiros/as.
BO VERÁN!

Antón

David González

 Gabi

 Uxía

Xián

xoves, 18 de xuño de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 19

Hello! How are you?

Agora sí que chegamos ao final. 
Hoxe déixovos un Pasapalabra para repasar palabras de vocabulario.

PASAPALABRA

Tamén vos deixo esta canción con moito ritmo e que sabe a verán, podédela cantar e bailar:



Para aqueles que queiran seguir practicando inglés durante as vacacións de verán, recoméndovos unha aplicación gratuita que podedes descargar tanto en Apple como en Android, chámase ENGLISH FOR KIDS e basease nun sistema de recompensas, comeza repasando o abecedario pero tamén fai un amplo repaso de vocabulario. Aviso, ten algúns anuncios.

Quero desexarvos que pasedes un bo verán e que teñamos todos moito sentidiño para poder volver en setembro con moitas ganas.´

TAREFAS 1º e 2º VENRES 19 XUÑO.

Boas tardes.
Mañá chegamos ao remate deste curso tan "raro" e toca despedirse. Xa sabedes que en setembro nos voltaremos a ver, asique mentres tanto desfrutade moito do verán que o tedes moi merecido. E non vos esquezades de seguir cumprindo as normas de hixiene para conseguir vencer de todo ao coronavirus. 
A actividade que me gustaría que fixerades mañá venres é unha postal de despedida para os vosos compañeiros (o que non poida imprimila que a faga nun folio). Logo eu poñereinas no blog para que as poidades ler. Déixovos aquí a miña que así tamén vos sirve de modelo.


Pasade unhas boas vacacións: ride, saltade, cantade, xogade, gritade, disfrutade da vosa familia... e sede moi pero que moi felices!!!
Mamás e papás, unha vez máis moitas grazas por toda a labor que levástedes a cabo durante estes meses, grazas pola vosa comprensión e colaboración!!!
Vémonos en setembro!

mércores, 17 de xuño de 2020

MATE 2° XOVES 18

Como última tarefa de mate deste curso tedes que facer a páxina 227.

TAREFAS 1º e 2º XOVES 18 XUÑO.

Boas tardes.
Para mañá xoves pensei que poderiades facer unha actividade moi fácil. Consiste en que pechedes os ollos durante un momento e pensedes tres desexos para o próximo curso. Cando os teñades, abrides os ollos e escribides eses desexos nun papel. Logo dobrades o papel e gardádelo ata o remate do próximo curso, cando o poderedes volver a ler para comprobar se os vosos desexos se cumpriron. Que vos parece a idea? Apetécevos facelo?

martes, 16 de xuño de 2020

TAREFAS 1º e 2º MÉRCORES 17 XUÑO.

Ola, que tal?
O prometido é deuda. Mañá mércores xa non imos a traballar cos libros. É unha pena que non poidamos estar todos xuntos no cole para poder disfrutar desta recta final e facer actividades divertidas, pero como iso non é posible gustaríame que fixerades o seguinte:
Collede un folio e dividídeo á metade. A continuación pensade qué foi o que máis vos gustou deste curso e o que menos vos gustou. Agora debuxade cada cousa nunha metade do folio, coloreade e escribide unha oración en cada debuxo explicándoos.

SUMMER CARDS

Good morning!

Estas son as tarxetas que me fostes enviando:

Esta é a de Damián:



Esta é a de Sarai:


Esta é a de David Rey:



Esta é a de Xián:




Esta é de Ashley:




Esta é a de Eloy



luns, 15 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MARTES 16 XUÑO.

Boas tardes.
Como xa vos dixen onte, mañá martes rematamos de traballar cos libros (o que queda sen facer podédelo facer no verán).
Ides a elaborar un cómic nas páxinas 192 e 193 de LENGUA. O exercicio 4 non é obrigatorio facelo.
De MATE tedes que facer a páxina 226.

TAREFAS 1º MARTES 16 XUÑO.

Boas tardes.
Como xa vos dixen, mañá martes vamos a rematar o traballo dos libros (o que queda sen facer podédelo rematar no verán).
Vamos a facer o repaso final de LENGUA das páxinas 228 e 229. 

domingo, 14 de xuño de 2020

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º LUNS E MARTES 15 E 16

Good morning!

Estamos a piques de rematar este curso tan atípico para todos.
Hoxe déixovos outro Escape Room, espero que vos guste:

ESCAPE ROOM

Enjoy!

TAREFAS 2º LUNS 15 DE XUÑO.

Boas tardes a todos/as.
Xa chegamos á última semana do curso. Luns e martes traballaremos un pouquiño máis nos libros e o resto da semana faremos outras actividades diferentes. Asique facede un último esforzo que o estades facendo xenial!

Para luns tedes que facer as páxinas 190 e 191 de LINGUA para practicar o uso da coma.
De MATE tedes que facer a páxina 225.

TAREFAS 1º LUNS 15 XUÑO.

Boas tardes a todos/as.
Xa chegamos a última semana do curso. Luns e martes vamos a traballar un pouco máis dos libros e os outros días faremos actividades diferentes. Asique facede un último esforzo que o estades facendo xenial!

Para luns vamos a facer o repaso final de LINGUA que aparece nas páxinas 224 e 225. 

xoves, 11 de xuño de 2020

TAREFAS 2º VENRES 12 XUÑO.

Chegamos ao último día da penúltima semana deste curso e imos a traballar LENGUA. Temos que ler o conto "Un problema doméstico" das páxinas 186 e 187 e facer as actividades da páxina 188. 

Disfrutade moito da fin de semana!

TAREFAS 1º VENRES 12 XUÑO

Xa chegamos ao último día desta semana e temos que ler o conto de LINGUA "A nena que foi á lúa" e despois facer as actividades de comprensión da páxina 214.

Disfrutade moito da fin de semana!

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º VENRES 12

Hello again!

O conto de hoxe vai sobre un neno que quería tocar o trombón. Espero que vos guste:

Trombone Shorty

See you next week!

mércores, 10 de xuño de 2020

TAREFAS 2º XOVES 11 XUÑO.

Ola, que tal?
O traballo para o xoves é ler o conto "A viaxe secreta" nas páxinas 186 e 187 de LINGUA e facer as actividades de comprensión da páxina 188. 
De MATE tedes que facer a páxina 224.

TAREFAS 1º XOVES 11 XUÑO

Boas tardes.
Mañá xoves vamos a traballar LENGUA. Imos a facer a páxina 210 (br/bl) e a páxina 213 (o predicado).

PORTRAIT CONTEST WINNERS


Hello everybody!

Xa temos os gañadores e gañadoras do concurso de retratos de Plástica! Queremos agradecervos ademáis a vosa participación e interese nesta e en todas as actividades propostas online durante o terceiro trimestre, fixéchedes un gran traballo. 

Para escoller os gañadores, dividimos os traballos en 3 categorías, unha para os cursos de 1º e 2º, outra para os cursos de 3º e 4º e a última para os cursos de 5º e 6º. Os afortunados do Portrait contest son: ASHLEY de 1º, SARAI de 4º e ISMAEL de 5º. 

PARABÉNS!!!

Ashley (1º EP)                Sarai (4ºEP)                Ismael (5ºEP)

  


O premio entregarávolo o voso titor/a cando vaiades ao centro para a recollida/entrega do material escolar, así que non vos esquezades de pedilo!


E por outro lado, queremos felicitar a todos os alumnos/as que participáchedes no concurso porque a verdade é que facer un retrato non é nada doado, pero con esforzo e entusiasmo fixéchedes unhas obras de arte chulísimas! Foi difícil escoller aos gañadores/as entre tanto talento! 

Se queredes ver todos os debuxos dos participantes no concurso podedes visitar o seguinte enlace:

DEBUXOS

        


martes, 9 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 10 XUÑO.

Boas tardes.
O traballo para o mércores é a facer as páxinas 183 de LENGUA e LINGUA para repasar as unidades (as actividades de demostra o teu talento non as hai que facer). E non vos esquezades de ler un pouco.
Ánimo que xa estamos na metade da semana!

TAREFAS 1º MÉRCORES 10 XUÑO

Ola chicos e chicas.
Xa chegamos ao ecuador da semana e imos a facer LENGUA. Temos que ler o conto "Mulán, la joven soldado" das páxinas 206 e 207 e facer as actividades da páxina 208.
Ánimo que xa queda pouco!

ACTIVIDADE DE PLÁSTICA 1º E 2º MÉRCORES 10

Hello eveyone!

Esta semana vos propoñemos a última actividade de plástica deste curso. Esperamos que vos gustaran as propostas que fixemos ata agora. Neste caso consiste en facer unha postal de verán: a Summer Card. No video que vos preparou Esther tamén se despide de vós esperando repetir no noso cole o vindeiro curso.



SUMMER CARD

Enjoy!

REPASO SOCIAIS 2º

Boas.
Que tal? Como falta pouco para rematar o curso esta semana vamos repasar conceptos que demos o longo do curso. Espero que vos lembredes.
Un saúdo.

FICHA

luns, 8 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MARTES 9 XUÑO.

Boas tardes.
Para mañá martes temos que facer as páxinas 178 e 179 de LENGUA. Aquí traballaremos as palabras rematadas en -z ou en -d. Tede moito coidado porque as palabras que rematan en -z fan o plural en -ces (luz-luces).
                     

TAREFAS 1º MARTES 9 XUÑO.

Boas tardes.
Para martes imos a facer a páxina 209 de LINGUA (o exercicio 3 non hai que facelo). Despois ledes un pouco.

Repaso de sociais 1º

Boas:
Como estades? Xa estamos chegando o final. Por iso, esta semana vamos traballar conceptos que fomos aprendendo o longo do curso. Espero que vos lembredes.
Ánimo.

FICHA

domingo, 7 de xuño de 2020

Actividades de 1º de Matemáticas do 8 ao 12 de xuño

Aquí vos deixo o traballo para esta semana. 

Tema 14


Isto xa o graballamos no primeiro trimestre, polo que pode que non vos lembredes. Fixádevos ben nas imaxes e nomes.
  • Luns: páxina 201.

Principio da multiplicación

Isto tamén é algo novo. A continuación tedes unha explicación da multiplicación para que poidades entender os exercicios que temos para hoxe.



  • Mércores: páxina 206.

Lembrade que o mes pasado vos mandara xogos de repaso, por que non vos lembrades como acceder:

Pincha aquí

¡Que teñades unha boa semana!

Nota: lembrade ir mandándome os exercicios feitos para corrixilos.

ACTIVIDADES INGLÉS 1º E 2º LUNS 8

Good morning!

Xa estamos a piques de rematar o curso, ánimo que xa non queda nada. 
A actividade de hoxe consiste en resolver este Escape Room, a ver se o conseguides!

ESCAPE ROOM

E despois de tanto pensar, imos cantar e bailar esta canción tan divertida, espero que vos guste

Welcome to My Gym Song

See you!

TAREFAS 2º LUNS 8 XUÑO.

Boas tardes.
Espero que disfrutárades moito da fin de semana.
Vamos a entrar na recta final deste curso tan atípico e para comezar esta semana imos a traballar LINGUA. Temos que facer as páxinas 180 e 181 onde tedes que etiquetar obxectos dun catálogo (o exercicio 5 non hai que facelo).
De MATE tedes que facer a páxina 223.

TAREFAS 1º LUNS 8 XUÑO

Ola a todos. Que tal de fin de semana?
Vamos a entrar xa na recta final deste curso tan atípico e para comezar a semana imos a traballar LINGUA. Temos que ler a páxina 206 (sen facer as actividades) e facer a páxina 207 para traballar o predicado (que fai?). 
Por exemplo: Xoán come unha mazá.
Preguntamos: Que fai Xoán? Come unha mazá.
                                                                  PREDICADO

xoves, 4 de xuño de 2020

SELF PORTRAIT

Hello! How are you?

Aquí están os primeiros retratos que participarán no concurso.

Animádevos os demáis tamén a participar!









Sarai

ACTIVIDADES INGLÉS 1º e 2º VENRES 5

Hello! How are you?

Hoxe déixovos un conto sobre un peixiño que quere ser guapo.

The Fish that Wanted to Be Beautiful

Enjoy!

TAREFAS 2º VENRES 5 XUÑO.

Boas tardes.
As tarefas para o último día desta semana son:
LENGUA: facemos a páxina 177 para traballar os tempos verbais (pasado, presente e futuro). Lembrádesvos que xa o traballaramos nunha videochamada?
LINGUA: facemos a páxina 177 para traballar o verbo en pasado. 


Pasade unha boa fin de semana!

TAREFAS 1º VENRES 5 XUÑO.

Boas tardes.
As tarefas para o último día desta semana son:
LENGUA: facemos o repaso da unidade na páxina 203.
LINGUA: facemos a páxina 205 para recordar que diante de p se escribe m (mp).


Pasade unha boa fin de semana!

mércores, 3 de xuño de 2020

TAREFAS 2º XOVES 4 XUÑO.

Boas tardes.
Para xoves imos a ler o conto "Un achado inesperado" das páxinas 174 e 175 de LINGUA e despois facemos as actividades de comprensión da páxina 176. 

De MATE tedes que facer a páxina 222.

TAERFAS 1º XOVES 4 XUÑO

Boas tardes.
Para xoves facemos a páxina 202 de LINGUA onde tedes que escribir cómo medra unha planta. 
Fixádevos ben nos debuxos e nas expresións que aparecen que vos axudarán moito á hora de redactar. E, por suposto, facede boa letra e poñede puntos ao final. 

martes, 2 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MÉRCORES 3 XUÑO.

Boas tardes.
Mañá vamos a ler o conto "Los patos y la tortuga" das páxinas 174 e 175 de LENGUA e despois facemos as actividades de comprensión da páxina 176. 

Ánimo que xa queda menos!

TAREFAS 1º MÉRCORES 3 XUÑO

Boas tardes.
As tarefas para mércores son as seguintes:
LENGUA: facemos a páxina 201 para traballar o suxeito das oracións (quen o fai?), igual que fixemos a semana pasada en lingua.
LINGUA: facemos a páxina 204 para practicar a escritura. Lembrade facer boa letra e ler un pouco cada día.


RELIXIÓN 1º e 2º

Aquí tedes o traballo de relixión para esta semana.

TRABALLO DE SOCIAIS 2º PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XULLO

BOAS:
Estamos xa chegando o final, polo tanto estas semanas que nos quedan vamos a repasar os contidos que demos o longo do curso.

FICHA

luns, 1 de xuño de 2020

TAREFAS 2º MARTES 2 XUÑO.

Ola a todos/as.
Mañá martes faremos traballo de LENGUA. Imos a ler a páxina 170 (sen facer os exercicios) e facer a páxina 171 (no exercicio 5 facemos a opción B). 

TAREFAS 1º MARTES 2 XUÑO

Ola a todos/as.
Para martes vamos a ler o conto "O honrado canteiro" que aparece nas páxinas 200 e 201 de LINGUA e despois facemos as actividades de comprensión da páxina 202.

TRABALLO DE SOCIAIS 1º, SEMANA DO 1 AO 5 DE XULLO

Boas:
Estamos na recta final, polo que estas últimas semanas vamos a repasar os contidos que demos o longo do curso.

FICHA