mércores, 10 de xuño de 2020

PORTRAIT CONTEST WINNERS


Hello everybody!

Xa temos os gañadores e gañadoras do concurso de retratos de Plástica! Queremos agradecervos ademáis a vosa participación e interese nesta e en todas as actividades propostas online durante o terceiro trimestre, fixéchedes un gran traballo. 

Para escoller os gañadores, dividimos os traballos en 3 categorías, unha para os cursos de 1º e 2º, outra para os cursos de 3º e 4º e a última para os cursos de 5º e 6º. Os afortunados do Portrait contest son: ASHLEY de 1º, SARAI de 4º e ISMAEL de 5º. 

PARABÉNS!!!

Ashley (1º EP)                Sarai (4ºEP)                Ismael (5ºEP)

  


O premio entregarávolo o voso titor/a cando vaiades ao centro para a recollida/entrega do material escolar, así que non vos esquezades de pedilo!


E por outro lado, queremos felicitar a todos os alumnos/as que participáchedes no concurso porque a verdade é que facer un retrato non é nada doado, pero con esforzo e entusiasmo fixéchedes unhas obras de arte chulísimas! Foi difícil escoller aos gañadores/as entre tanto talento! 

Se queredes ver todos os debuxos dos participantes no concurso podedes visitar o seguinte enlace:

DEBUXOS

        


Ningún comentario:

Publicar un comentario