xoves, 18 de xuño de 2020

TAREFAS 1º e 2º VENRES 19 XUÑO.

Boas tardes.
Mañá chegamos ao remate deste curso tan "raro" e toca despedirse. Xa sabedes que en setembro nos voltaremos a ver, asique mentres tanto desfrutade moito do verán que o tedes moi merecido. E non vos esquezades de seguir cumprindo as normas de hixiene para conseguir vencer de todo ao coronavirus. 
A actividade que me gustaría que fixerades mañá venres é unha postal de despedida para os vosos compañeiros (o que non poida imprimila que a faga nun folio). Logo eu poñereinas no blog para que as poidades ler. Déixovos aquí a miña que así tamén vos sirve de modelo.


Pasade unhas boas vacacións: ride, saltade, cantade, xogade, gritade, disfrutade da vosa familia... e sede moi pero que moi felices!!!
Mamás e papás, unha vez máis moitas grazas por toda a labor que levástedes a cabo durante estes meses, grazas pola vosa comprensión e colaboración!!!
Vémonos en setembro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario